1. Participarán na convocatoria da undécima edición do Premio de Tradución Plácido Castro tódolos tradutores que teñan publicada en www.bivir.com algunha obra traducida ao galego no ano 2011.
2. O xurado do Premio estará composto por cinco membros pertencentes ou designados por cada unha das seguintes institucións: Asociación de Tradutores Galegos (ATG), Fundación Plácido Castro, Real Academia Galega, Departamento de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo e Administración Autonómica. Actuará como secretario do Premio con voz e sen voto un representante do IGADI.
3. O xurado terá en conta fundamentalmente os seguintes criterios: calidade da versión, criterios de lectura e interpretación do orixinal, relevancia da obra nas culturas de orixe e chegada e adaptación ó destinatario.
4. O xurado dará a coñecer de inmediato a identidade dos premiados e fará públicas as razóns nas que se fundou para a concesión do Premio.
5. O premio consistirá nun diploma e nunha peza escultórica deseñada expresamente para o evento, obra de Xaquín Chaves.
6. A entrega do Premio celebrarase na vila de Vilagarcía de Arousa na data sinalada polo xurado.
A Fundación PLÁCIDO CASTRO constituíuse para reivindicar a figura, a obra e o pensamento de Plácido Ramón Castro del Río (1902-1967), atendendo á conservación e divulgación do seu fondo compromiso con Galicia e cunha visión universalista do mundo. A Fundación dedica especial atención á difusión da súa obra artística e literaria, especialmente no campo da tradución, do pensamento e xornalística.
Integran a Fundación Plácido Castro os Concellos de Cambados, Corcubión e Vilagarcía de Arousa, a Asociación de Tradutores Galegos e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. Está presidida por Susi Castro Sineiro.
Fundación Plácido Castro.
Pazo de Torrado, Rúa Príncipe, 10 36630 Cambados (Pontevedra)
Tel: 986 543 987 . E-mail: info@igadi.org. Internet: http://www.igadi.org