Acta da reunión do xurado do Premio de Tradución Plácido Castro 2012

Acta da reunión do xurado do Premio de Tradución Plácido Castro 2012

Vilagarcía de Arousa, 2 de xullo de 2013

Reúnese no Auditorio do Concello de Vilagarcía de Arousa o 2 de xullo de 2013 o xurado do Premio de Tradución Plácido Castro na súa duodécima convocatoria, correspondente ó ano 2012.

O xurado está composto polos seguintes membros: Sr. D. Xavier Senín (Fundación Plácido Castro), Sr. D. Carlos Arias Iglesias (Xunta de Galicia), Sr. D. Moisés Barcia (Asociación de Tradutores Galegos, quen compareceu por escrito), Sr. D. Xosé María Gómez Clemente (Departamento de Tradución da Universidade de Vigo), Sr. D. Xosé Antonio Palacio (Real Academia Galega) e Sr. D. Xulio Ríos Paredes (Director do IGADI), quen actúa en calidade de Secretario do xurado, con voz pero sen voto.

O obxectivo deste premio é destaca-la calidade das traducións dos clásicos da literatura universal que a Biblioteca Virtual bivir publica periodicamente na súa páxina webhttp://www.bivir.com nunha iniciativa que pretende a un tempo colaborar no proceso de normalización da lingua do país e contribuír a enriquece-lo universo literario galego mediante a versión dos autores consagrados que escribiron noutras linguas.

Sendo que as bases da convocatoria do premio indican que no fallo do xurado se terán en conta a calidade da tradución galega, a relevancia para o noso sistema cultural da obra traducida, as dificultades intrínsecas da lingua de partida e a súa distancia cultural e a envergadura do proxecto de tradución, o xurado, tras as súas deliberacións, por unanimidade, acorda:

ÚNICO.- Deixar deserto o premio nesta XIIª edición por non cumpriren as obras presentadas as bases establecidas.

E para que así conste, asínase a presente en Vilagarcía de Arousa, a 2 de xullo de 2013.

Xulio Ríos

Xavier Senín

Moisés Barcia

Xosé Antonio Palacio

Carlos Arias Iglesias

Xosé María Gómez Clemente