Deserto
Deserto
Baiona, 12 de xuño de 2014 Reúnese na sede da Secretaría da Fundación Plácido Castro en Baiona, o 12 de xuño de 2014, o xurado do Premio de Tradución Plácido Castro na súa décimoterceira convocatoria, correspondente ó ano 2014.
A Fundación Plácido Castro da que forman parte os concellos de Corcubión,Cambados e Vilagarcía de Arousa, a Asociación de Tradutores Galegos e o IGADI(Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), convoca o Premio Plácido Castro de Tradución destinado a promover versións en lingua galega das grandes obras da literatura universal.