Premio de Tradución Plácido Castro 15ª edición 2015

Premio de Tradución Plácido Castro 15ª edición 2015

Premiada: Marta Dahlgren

 

Bases do Premio de Tradución Plácido Castro 15ª edición

A Fundación Plácido Castro da que forman parte os concellos de Corcubión, Cambados e Vilagarcía de Arousa, a Asociación de Tradutores Galegos e o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), convoca o Premio Plácido Castro de Tradución destinado a promover versións en lingua galega das grandes obras da literatura universal, con especial atención á súa presenza en Internet e as traducións para o galego de obras doutras linguas.