Premiada: Isabel Soto
Premiada: Isabel Soto
Reúnese na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, o 28 de xuño de 2017 o xurado do Premio de Tradución Plácido Castro na súa décimo sexta convocatoria, correspondente ó ano 2016 (Vigo, 28 de xuño de 2017).
A Fundación Plácido Castro da que forman parte os concellos de Corcubión, Cambados e Vilagarcía de Arousa, a Asociación de Tradutores Galegos e o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), convoca o Premio Plácido Castro de Tradución destinado a promover versións en lingua galega das grandes obras da literatura universal, con especial atención á súa presenza en Internet e as traducións para o galego de obras doutras linguas.