Premiado: Laureano Araujo
Premiado: Laureano Araujo
Reúnese en Cambados, na sede da Fundación Plácido Castro, o 22 de xuño de 2021 o xurado do Premio de Tradución Plácido Castro na súa décimo novena convocatoria, correspondente ó ano 2019 que por mor da pandemia foi prorrogado ata 2020.
A Fundación Plácido Castro da que forman parte os concellos de Corcubión, Cambados e Vilagarcía de Arousa, a Asociación de Tradutores Galegos, a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación e o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), convoca o Premio Plácido Castro de Tradución destinado a promover versións en lingua galega das grandes obras da literatura universal, con especial atención á súa presenza en Internet e as traducións para o galego de obras doutras linguas.