Premio de Tradución Plácido Castro 21ª edición 2022

Premio de Tradución Plácido Castro 21ª edición 2022

Premiados Eva Almazán e Xosé Antón Parada Fernández

Bases XXIª Edición do Premio Plácido Castro de Tradución

A Fundación Plácido Castro da que forman parte os concellos de Corcubión, Cambados e Vilagarcía de Arousa, a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación e o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), convoca o Premio Plácido Castro de Tradución destinado a promover versións en lingua galega das grandes obras da literatura universal, con especial atención á súa presenza en Internet e as traducións para o galego de obras doutras linguas.