Premio de Tradución Plácido Castro 24ª edición 2025

Premio de Tradución Plácido Castro 24ª edición 2025

Bases da XXIV Edición do Premio Plácido Castro de Tradución

XXIV Premio de Tradución Plácido Castro Bases A Fundación Plácido Castro, da que forman parte os concellos de Cambados, Catoira, Corcubión e Vilagarcía de Arousa, a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), convoca o Premio Plácido Castro de Tradución, destinado a promover versións en lingua galega de obras literarias doutras linguas.