Premiado: Xesús Riveiro Costa
Premiado: Xesús Riveiro Costa
Baiona, 18 de xaneiro de 2003. Reúnese na Casa do Concello da vila de Baiona o 18 de xaneiro de 2003 o xurado do Premio de Traducción Plácido Castro na súa segunda convocatoria, correspondente ó ano 2003.
1. Este premio está dotado coa cantidade de TRES MIL EUROS. 2. Participarán nel tódolos traductores que teñan publicada na Biblioteca Virtual www.bivir.comalgunha obra de literatura universal en galego.
Cambados, 25 de xaneiro de 2003. Plácido Castro e as traduccións ó galego Quero manifestar, ante todo, a miña satisfacción por formar parte do xurado do II Premio de Traducción Plácido Castro, en representación da Real Academia Galega; e así mesmo quero manifesta-la ledicia que me produce estar na vila onde nacín e me criei, no salón de plenos da súa Casa do Concello onde nunca estivera, para intervir no acto de entrega dun premio de traducción ó galego co que se fechan os diversos actos do Centenario do galeguista que dá nome ó devandito premio.
Cambados, 25 de xaneiro de 2003. Sr Representante do Concello, Dignísimas autoridades, amigas e amigos, Benvidos a esta cerimonia de entrega do Premio de Traducción Plácido Castro que na súa segunda edición insiste en celebrar dobremente o natalicio do autor e a reivindicación dunha maior universalización da nosa lingua e cultura, non soamente a través dunha maior presencia no mundo senón da incorporación do mellor do universo literario ao noso idioma ata facelo igual de propio.