Premiadas: Xela Arias e Moisés Rodríguez Barcia
Premiadas: Xela Arias e Moisés Rodríguez Barcia
Baiona, 15 de xaneiro de 2005. Reúnese na Casa do Concello da vila de Baiona o 15 de xaneiro de 2005 o xurado do Premio de Tradución Plácido Castro na súa cuarta convocatoria, correspondente ó ano 2004.
1. Este premio está dotado coa cantidade de TRES MIL EUROS. 2. Participarán nel tódolos traductores que teñan publicada na Biblioteca Virtual www.bivir.com algunha obra de literatura universal en galego.
A esta xa IV edición do Premio de Tradución Plácido Castro concorreron 17 obras verquidas ao galego, por outros tantos tradutores, os máis deles aínda sen un nome labrado neste campo profesional e artístico, mais augurio dun futuro moi esperanzador.
Vilagarcía de Arousa, 25 de xaneiro de 2005. Hoxe en Vilagarcía, reunímonos para entregarlle o premio de Tradución Plácido Castro a Xela Arias e Moisés Rodríguez Barcia. Como presidente da ATG quero agradecerlle, en primeiro lugar ao Concello de Vilagarcia, o feito de que nos acolla para realizar este acto.
Vilagarcía de Arousa, 25 de xaneiro de 2005. Sr alcalde, autoridades, membros do Xurado, amigos e amigas, Quixera, en primeiro lugar, agradecer a hospitalidade do concello de Vilagarcía que, como é tradicional, sempre nos acolle con xenerosidade e afecto, expresión mais dunha colaboración habitual que ven mantendo de xeito activo e comprometido coa Fundación Plácido Castro dende a súa constitución, aquí mesmo, nesta vila, o 5 de abril de 2001.