1. Este premio está dotado coa cantidade de TRES MIL EUROS.
2. Participarán nel tódolos traductores que teñan publicada na Biblioteca Virtual www.bivir.com algunha obra de literatura universal en galego.
3. Nesta cuarta convocatoria do Premio de Traducción Plácido Castro concursarán as obras incluídas en www.bivir.com entre o ano 2004, e as finalistas da anterior edición.
4. Ademais do primeiro premio haberá dous finalistas que poderán participar na convocatoria seguinte.
5. O xurado do Premio estará composto por cinco membros pertencentes ou designados por cada unha das seguintes institucións: Asociación de Traductores Galegos (ATG), Fundación Plácido Castro, Real Academia Galega, Departamento de Traducción e Interpretación da Universidade de Vigo e Administración Autonómica. Actuará como secretario do Premio con voz e sen voto o Secretario da ATG.
6. O xurado terá en conta fundamentalmente os seguintes criterios: calidade literaria da versión, fidelidade ó texto orixinal, extensión da obra e adaptación ó destinatario.
7. O xurado dará a coñecer de inmediato a identidade dos premiados e fará públicas as razóns nas que se fundou para a concesión do Premio.
8. A entrega do Premio se celebrará o 28 de xaneiro de 2005 no municipio de Vilagarcía de Arousa.
A Fundación PLÁCIDO CASTRO constituíuse para reivindicar a figura, a obra e o pensamento de Plácido Ramón Castro del Río (1902-1967), atendendo á conservación e divulgación do seu fondo compromiso con Galicia e cunha visión universalista do mundo. A Fundación dedica especial atención á difusión da súa obra artística e literaria, especialmente no campo da traducción, do pensamento e xornalística.
Integran a Fundación Plácido Castro os Concellos de Cambados, Corcubión e Vilagarcía de Arousa, a Asociación de Traductores Galegos e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. Está presidida por Susi Castro Sineiro.
Fundación Plácido Castro.
Avenida Joselín, 7. Portal 3-4ºB. 36300-Baiona (Pontevedra).
Tel/Fax. 986 357 238. e-mail: info@igadi.org. Internet: http://www.igadi.org