1. Este premio está dotado coa cantidade de TRES MIL EUROS.
2. Participarán nel tódolos traductores que teñan publicada na Biblioteca Virtual www.bivir.com algunha obra en galego.
3. Nesta quinta convocatoria do Premio de Tradución Plácido Castro concursarán as obras incluídas en www.bivir.com durante o ano 2005, e as finalistas da anterior edición.
4. Ademais do primeiro premio haberá dous finalistas que poderán participar na convocatoria seguinte.
5. O xurado do Premio estará composto por cinco membros pertencentes ou designados por cada unha das seguintes institucións: Asociación de Tradutores Galegos (ATG), Fundación Plácido Castro, Real Academia Galega, Departamento de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo e Administración Autonómica. Actuará como secretario do Premio con voz e sen voto o secretario da ATG.
6. O xurado terá en conta fundamentalmente os seguintes criterios: calidade da versión, criterios de lectura e interpretación do orixinal, relevancia da obra nas culturas de orixe e chegada e adaptación ao destinatario.
7. O xurado dará a coñecer de inmediato a identidade dos premiados e fará públicas as razóns nas que se fundou para a concesión do Premio.
8. A entrega do Premio se celebrará o 27 de xaneiro de 2006, no municipio de Cambados.
A Fundación PLÁCIDO CASTRO constituíuse para reivindicar a figura, a obra e o pensamento de Plácido Ramón Castro del Río (1902-1967), atendendo á conservación e divulgación do seu fondo compromiso con Galicia e cunha visión universalista do mundo. A Fundación dedica especial atención á difusión da súa obra artística e literaria, especialmente no campo da tradución, do pensamento e xornalística.
Integran a Fundación Plácido Castro os Concellos de Cambados, Corcubión e Vilagarcía de Arousa, a Asociación de Tradutores Galegos e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. Está presidida por Susi Castro Sineiro.
Fundación Plácido Castro.
Avenida Joselín, 7. Portal 3-4ºB. 36300-Baiona (Pontevedra).
Tel/Fax. 986 357 238. e-mail: info@igadi.org. Internet: http://www.igadi.org