Baiona, 20 de xaneiro de 2007.
Este sábado, día 20, reuniuse na Casa do Concello da vila de Baiona o xurado do Premio de Tradución Plácido Castro, na súa sexta convocatoria, correspondente ao ano 2006.
O xurado, composto polos seguintes membros: Xosé Luís Franco Grande (Real Academia Galega), Xosé María Gómez Clemente (Fundación Plácido Castro), Carlos Arias Iglesias (Xunta de Galicia), Dolores Sánchez Palomino (Asociación de Tradutores Galegos), e María del Mar Gómez (Igadi), resolveu;
Outorgarlle o premio Plácido Castro 2006 ex aequo a Xoán Montero, pola tradución de O banqueiro anarquista, de Fernando Pessoa, e a Ekaterina Guerbek (texto revisado por Maite Veiga), pola tradución de Diario dun tolo, de Nicolau Gogol.
Así mesmo, recoñécese con accésit o traballo de José García Mayoralas, pola súa contribución de divulgación científica no eido da sicoanálise e polo traballo de elaboración terminolóxica, pola tradución de Os fantasmas, de Michéle Perron-Borelli.