O humanista liberal e cosmopolita que mellor simboliza a universalidade do nacionalismo galego.
Co meu agradecemento sincero para Susi Castro Sineiro, filla de don Plácido, pola valiosa axuda prestada (Xulio Ríos)
O humanista liberal e cosmopolita que mellor simboliza a universalidade do nacionalismo galego.
Co meu agradecemento sincero para Susi Castro Sineiro, filla de don Plácido, pola valiosa axuda prestada (Xulio Ríos)
Pola orixe familiar, a súa inmensa cultura e peculiar formación humana, Plácido Ramón Castro del Río, cosmopolita militante, é, sen dúbida, unha figura senlleira do mundo galeguista. Portela Valladares dixo del que tiña "calidades de astro".
Quizais por iso mesmo, Plácido foi enviado pola súa familia a cursar estudios fora de Galicia e de España, ó Colexio Scarborough de Glasgow, perto de Edimburgo, cando aínda tiña unha idade moi nova (ó parecer só contaba con seis anos).
Nos anos inmediatamente anteriores á proclamación da República regresou a Galicia coa intención de participar na activa vida política de entón. Sempre estivo en contacto coa nosa Terra pero ata daquela tratábase dunha relación máis ocasional, directamente vinculada a estancias de verán ou a un propósito moi concreto (conseguir o título de profesor de Idiomas que tan útil lle resultaría posteriormente).
Plácido mantivo sempre un posicionamento moi claro en contra do fascismo e un coñecemento profundo da naturaleza dictatorial do nazismo. O nacionalismo galego é un nacionalismo de paz. Nada tiña que ver co nacionalismo de Hitler ou de Mussolini.
Aquel suceso supón para Plácido a confirmación de que o seu lugar está fora de Galicia. Non está disposto a mudar de conviccións e precisa a liberdade. Fuxindo daquela atmosfera asfixiante, coa muller e os seus catro fillos decide irse a Lisboa, onde vive a súa irmán Hermitas.
Complexas circunstancias familiares supoñenlle un revés de tipo económico que lle obriga a abandonar Londres e regresar a Galicia. Xa cumprira integramente a pena de quince anos de inhabilitación absoluta que lle fora imposta en 1940.
1902 Nace en Corcubión o 25 de xaneiro. 1908 Inicia en Glasgow os seus estudios. 1919 Matriculase na Universidade de Glasgow para cursar estudios de Filoloxía Inglesa. 1923 Solicita a convalidación dos seus estudios adquirindo o título de profesor de idiomas.
Introduction This is how Plácido Castro was, modest in his vast knowledge, without flaunting it (Antonio Magariños). He was indeed born into a well-of family but was also well educated and humanist, open and sensitive to cultural and social issues.