1902 |
Nace en Corcubión o 25 de xaneiro. |
1908 |
Inicia en Glasgow os seus estudios. |
1919 |
Matriculase na Universidade de Glasgow para cursar estudios de Filoloxía Inglesa. |
1923 |
Solicita a convalidación dos seus estudios adquirindo o título de profesor de idiomas. |
1927 |
Comeza a colaborar cos diarios “El Pueblo Gallego”, de Vigo, e “Informaciones”, de Madrid. |
1928 |
Publica “La saudade y el arte en los pueblos célticos”. |
|
Traduce ó inglés “Almas Brujas” de Manuel Linares Rivas. |
1931 |
Pronuncia a conferencia “O nacionalismo, un credo moderno”. |
|
Participa na Asemblea de constitución do Partido Galeguista. É elixido membro do Consello Permanente e directivo provisional. |
1932 |
Na IIª Asemblea do Partido Galeguista é reelixido membro do seu Consello directivo. |
|
Forma parte da comitiva que participa no mitin de Carral. |
1933 |
Representa ó Partido Galeguista no IX Congreso de Nacionalidades Europeas celebrado en Berna os días 16, 17 e 18 de setembro. |
1934 |
Na III Asemblea do Partido Galeguista obtén, en votación secreta, 1.654 votos. É o máis votado para a Secretaría Executiva asumindo a responsabilidade de relacións internacionais. |
|
É elixido Conselleiro primeiro do Grupo do Partido Galeguista de A Coruña. |
|
Participa na reunión de Galeuzca celebrada en Compostela. |
1935 |
Publica na Editorial NOS: “Teatro irlandés. Dous folk-dramas de W.B. Yeats”, traducidos directamente do inglés, en colaboración cos irmáns Vilar Ponte. |
|
Na IV Asemblea do Partido Galeguista é reelixido secretario de relacións internacionais e membro do Comité Executivo. |
|
É elixido presidente da nova directiva da Irmandade da Fala da Coruña. |
|
Preside a tribuna da homenaxe rendida a Curros Enríquez na Coruña. |
|
Representa o Partido Galeguista no Consello Galego de GALEUZCA |
1936 |
É designado representante da Asociación de Escritores de Galicia en A Coruña. |
|
Participa activamente na campaña a prol do Estatuto. |
|
Consumada a rebelión fascista, establecese en Muxía na casa duns familiares. |
1940 |
É condenado a quince anos de inhabilitación absoluta, oito anos e un día de desterro a mais de cen km. de Muxía e ó abono dunha multa de 25.000 pts. |
|
Traslada a súa residencia a Coruxo-Vigo. |
1944 |
Casa en Cambados con dona Jesusa Sineiro Vidal. |
1945 |
Trasladase a Vigo. |
1946 |
A Federación de Sociedades Galegas da Arxentina premia as súas traduccións de poesía inglesa ó galego. |
1948 |
Recibe en Galicia a Mr. George Hills, da emisora BBC. |
|
Exiliase en Portugal. |
1949 |
Publicase “Poesía inglesa y francesa vertida al gallego” (Buenos Aires, en colaboración con Luis Tobío e F.M. Delgado Gurriarán). |
|
De novo en Londres, comezan as súas colaboracións na BBC. |
|
Colabora co Jornal de Noticias de Porto. |
1950 |
Publica “Un tema de Galicia: la saudade y la poesía” (Boletín do Instituto Español de Londres). |
|
Colabora co diario “La Nación” de Buenos Aires. |
1955 |
Anima a celebración da Iª Festa do viño albariño. |
1956 |
Regresa a Galicia definitivamente. |
|
Incorporase como profesor de inglés ó Instituto Laboral de Vilagarcía. |
1957 |
Colabora ocasionalmente co Diario de Pontevedra e El Pueblo Gallego. |
1960 |
Principia as súas colaboracións con Faro de Vigo. |
1961 |
É un dos principais impulsores da Romaría viquinga de Catoira. |
1964 |
Participa en Baden (Viena) na V Conferencia de Ministros europeos de educación adicada ó estudio “Da civilización do pais da lingua que se ensina”. |
1965 |
Publica na revista Grial (núm. 8) a traducción de “Os Rubáiyat” de Omar Khayyám, poeta persa do século XI, a partir da versión inglesa de Edward Fitzgerald. |
1967 |
Falece en Cambados o 17 de xullo. |
|
Publicase en Grial, a titulo póstumo, un traballo seu adicado á figura do poeta e nobel irlandés W. B. Yeats. |
1974 |
Publicase en Grial, “Laios gaélicos”, obra inédita de Plácido Castro. |