En 1930 retorna a Galicia. Moi pronto comeza a colaborar coas “Irmandades da Fala” e, en decembro de 1931, participa na Asamblea fundacional do Partido Galeguista, onde resultou elexido para o Consello Permanente. Desde ese momento e durante todo o período republicano Plácido Castro será un importante dirixente do galeguismo. Na III Asemblea do Partido Galeguista (1933) foi o membro máis votado para a executiva con 1.654 votos.
- Nunha homenaxe a Castelao en Lugo, 1932
- Con Castelao, Vilar Ponte, Lugrís Freire e outros na Coruña
- Asemblea fundacional do Partido Galeguista, decembro1931
- Mesa da Asemblea fundacional do Partido Galeguista
- Primeiro mítin na Coruña do Partido Galeguista, 1932