Vivíu en Londres, desde onde comezou a colaborar, en 1927, nos xornais “El Pueblo Gallego” e “Informaciones” con artigos sobre a sociedade, a cultura e a política na Gran Bretaña. Tamén publicou en medios vinculados ás “Irmandades da Fala” como “A Nosa Terra” e “Céltiga”. En 1927 publica o seu primeiro libro: “La Saudade y el Arte en los pueblos célticos”, con prólogo de Manuel Portela Valladares.