A resultas do golpe de estado de 1936 foi peocesado e condenado a inhabilitación absoluta e desterro a máis de cen quilómetros de Muxía, onde fora detido, coa imposión dunha cuantiosa multa. Instalouse en Coruxo (Vigo) onde vivíu anos difíciles. Dedica moito tempo ás traduccións de poesía inglesa, algunhas premiadas e publicadas na Arxentina, colabora en “La Noche” de Santiago e practica a pintura á acuarela. En 1944 casou en Cambados con Jesusa Sineiro, con quen tivo oito fillos.