Plácido R. Castro foi enviado a estudiar a Glasgow (Escocia) cando tiña seis anos e alí continuou ata licenciarse en Filoloxía Inglesa na prestixiosa Universidade desta cidade. Foi no tempo de universitario cando comezou facer traduccións. Viaxou polas illas interesándose polo “celtismo” e realizando reportaxes fotográficas; así, no exterior foi nacendo a súa simpatía polo galeguismo. Nas súas visitas a Galicia pasou tempadas en Cambados, onde colaborou en actividades culturais.
- Irlanda, maio do 1928. Foto por Plácido Castro
- Plácido R. Castro
- Paseando co seu pai pola Coruña, 1930
- Plácido Castro na Festa da Pastora, Cambados 1925