A mostra fotográfica que pode verse nestes días na Sala Antón Ribas Briones, de Vilagarcía, recolle as relacións do seu autor con Irlanda, sendo ao mesmo tempo un tributo de admiración pola vella nación céltica.
Hai figuras na constelación da Galicia máis universal que precisan de moito tempo, demasiado tempo, para brillaren con luz propia e seren visibles para a comunidade á que tantos esforzos lle dedicaron.