O traductor

O traductor

Por Vicente Araguas (decembro de 2001)

Plácido R. Castro foi, sen dúbida, un adiantado do mundo traductor galego, ese que hoxe disfruta dun evidente auxe, aínda que nel faga falla un criterio, un canon que -para empezar- poña en marcha unha especie de Bibioteca Universal verquida ao noso idioma. Con efecto moitas son as obras claves da literatura que aínda non viron a luz en galego, mentres si o foxeron outras (sobre todo no ámbito mal chamado xuvenil) que poderámos chamar, suavemente, prescindibles. Plácido R. Castro seguramente houbo de esquecer outras pulsións para atender a chamada traductora, nun momento no que, anos vinte e trinta, moitos eran os ocos que tiñan de ser cubertos no nosos campo cultural. Plácido R. Castro, traductor sobre todo do inglés, posuía ao seu favor a facultade de manexar de primeira man -de moi primeira man- este idioma, consecuencia da súa estadía escocesa (e despois inglesa). Pois Plácido R. Castro, como é sabido, vivira desde os seis anos (isto é, desde 1908) en Glasgo, e nesta cidade, a máis populosa das Terras Baixas escocesas, pasaría a nenez e máis a mocidade, chegando a ser membro do Glasgow University Liberal Club. Glasgow era, hoxe o raseiro globalizador que todo o pretende igfualar anda a mudar tamén as paisaxes urbanas, unha cidade básicamente industrial, cun sector proletario procedente na súa meirande parte de Irlanda (ronsel da “famine” do século XIX) e xa que logo católico, ao tempo que a clase social hexemónica era protestante, inscrita sobre todo na Igrexa de Escocia. En Glasgow, por mor dos importantes astaleiros do río Clyde, había un bulir de grande actividade, sende as súas “trade unions” ou sindicatos dos máis importantes de Gran Bretaña. Glasgow, en fin, non tiña nin ten, hoxe é iunha cidade moderna abobdo uniforme na comparación con outras semellantes nas dimensións, nada que ver con Edimburgo, capital de Escocia e auténtica xoia tanto na súa parte medieval como no New Town, e non obstante posue un seu aquel, moito máis chamativo/distintivo na época en que morou nela o Plácido R. Castro. Dese tempo é o folleto de Francisco de las Barras de Aragón titulado Notas tomadas en Inglaterra, Escocia e Irlanda en 1909 (Impreta Placentines, Sevilla 1915); no que entre outars cousas non menos gustosas dise: “En esto había anochecido, las luces estaban ecendidads y pude admirar magníficos escapaartes perfctamente iluminados en la callle inmediat ala del hotel. La concutrrrencia a aquella hora era enorme y el número de omnibus, coches, tranvías, &, que obstruían el paso de una acera a otra; mayor que en Londres, si cabe. Me he referido a Trogate Streeet, pero en la inmediata calle de Jamaica, en el puente (Glasgow Bridge) y en la calle que sigue al otro lado ocurría lo mismo. La animación era muy grande, y en un rato en que, no sé por qué, se interrrumpió, la marcha de los tranvías, se reunieron más de veinte, cortando el paso por completo de un lado a otro”. (pgs. 57/58). Sirva esta reflexión sobre Glasgow, berce de Sir John Moore, a quen inevitablemente houbo de acudir nalgún momento o Plácido R. Castro escritor, para ubicar o sitio ionde o corcubionés aprendería o idioma que habería de servirlle como vehículo para as súas aportacións, tan precoces como importantes, a nosa literatura.

Plácido R. Castro, despois de estadías esporádicas, volveu a Galicia nos anos anteriores á proclamación da República, tomando parte, unha vez establecida esta, na constitución do Partido Galeguista, e en canta batalla daría este a prol do Estatuto de Autonomía. Despois do 36 Plácido R. Castro, obviamente entre os represaliados, habería de gardar un silencio obrigado, a penas roto polas colaboracións na BBC ou naqueles países americanos onde o facho galeguista conseguira se manter aceso. De novo o traballo básico de Plácido R. Castro sería en tanto que traductor, cáseque sempre do inglés ao galego, e con especial predilección polas letras e os poetas irlandeses, aínda que con calas nos escocesas, como Robbie Burns, ou ingleses, atal Christina Rossetti. A todo iso Plácido R. Castro non soamente foi un avanzado das traduccións ao galego, senón tamén desa preferencia polas culturas “celtas” que desde o Roxordimento deixou traslocer a nosa. Nese senso Plácido R. Castro, desde o observatorio privilexiado que ocupaba en Europa, tomou unha atención temperá no que acontecía, literalmente falando, en Escocia e Irlanda. Sendo así que o interese pola cuestión irlandesa, onde o nacionalismo estaba moito máis enraizado que en Escocia, xa tiña cimentado en Galicia, acadando puntos álxidos coas Irmandades da Fala. En todo caso Plácido R. Castro cando se anuncia como traductor, na década dos vinte, bota man de autores escoceses e irlandeses, volvendo a eles nos anos sesenta, que é cando Plácido R. Castro retoma os seus labores como traductor. De entre os autores irlandeses hai algunha recorrencia en Castro, así a do poeta e violinista cego Raftery (1774-1835), ao que o de Corcubión lembra unha e outra vez. Pero tamén sobrancea o interese que en Castro esperta George Russell, AE, un autor que hoxe -moito me temo- non di nada fóra de Irlanda, e que non obstante acadara no período de entreguerras unha importante significancia. Eses anos nos que William Butler Yeats poñía os alicerces, os banzos da escaleira que habería de situalo no plano inmenso que hoxe ocupa, e iso mailas súas derradeiras veleidades políticas parafascistas; pero é que -afortunadamente- a literatura na súa evolución demestra estar por riba de “correccións políticas”. (No ano 77, con motivo da publicación dun poema de Ezra Pound, verquido por min ao galego, na revista -mellor diríamos fanzine- Loia, fun amonestado por un “integrista” que non vía nada ben traducir a un “facha” como Ezra Pound, en fin). Por certo, hai quen sigue vituperando a Fernando Pessoa polas mismas razóns, sen entender que a paixón literaria pode -e debe- estar ao marxe das posicións políticas do autor/lector. En calquera caso Plácido R. Castro “existe” como traductor nos derradeiros anos vinte e primeiros trinta (fundamentalmente en El Pueblo Gallego, xornal do que era colaborador e corresponsal, pero tamén en Céltiga, Diario de Pontevedra e Correo de Galicia); nos corenta, e logo da pausa bélica que lle supuxera o abrigado destrerro vigués, retoma os traballos traductores para a BBC e tamén para ese libro modélico publicado na Arxentina, e do que falaremos máis adiante, no que os traballos traductores de Plácido R. Castro xorden á beira de outros de Loís Tobío e de Delgado Gurriarán; innecesario dicir que, dos tres, Castro é o brillante traductor do idioma inglés, e nos primeiros sesenta, na súa década definitiva, e agora no Faro de Vigo, o de Corcubión volve tomar a pluma de transladar da língua anglicana á nosa, ben que en moitos casos non faga senón retornar ao xa visto (isto é, a Christina Rossetti, William Butler Yeats, etc.). Nos seus primeiros pasos, nada dubitativos nin vacilantes, Castro bota man dos autores máis evidentes para el; é dicir, daqueles pertencentes aos países chamados celtas. Consideremos ademaais que nos anos vinte, recén independizada Irlanda, aínda que a costa dunha cruenta guerra civil, había un evidente “revival” da literatura e máis do folklore celtas (e poñamos todo o coidado posible diante deste esvaradizo adxectivo), ao que non foi alleo Plácido R. Castro, tan próximo a esta realidade. Tanto é así que en colaboración con Villar Ponte Plácido R. Castrotraduciría un par de folk-dramas de procedencia irlandesa. Con efecto este tipo de obras tería grandeinfluencia na formación dun teatro “nacional” galego, por máis que este anseio non ficase senón na utopía. A propósito, nin sequera hoxe foi posible semellante criación; sendo o CDG unha alternativa ben cativa ao que suporía o artellamento dun Abbey Theatre. Ben que aquí nunca tivesemos unha Lady Gregory; o máis parecido a esta tería sido Emilia Pardo Bazán, que tiña pouco de filántropa e moito menos de galeguiat. Volvendo ao anterior, en 1935 Plácido R. Castro traduciu xunto cos irmáns Villara Ponte, Catuxa de Houlihan e O país da saudade de Wlliam B. Yeats. Catuxa de Houlihan é, sen dúbida, Cathleen ni Houlihan, estreada en Dublín en 1902, con Maud Gonne, o amor irredento de Yeats, no papel de protagonista. O país da saudade debe de corresponderse con The Land of Heart´s Desire que é de 1894. En todo caso os alicerces idiomáticos da versión das dúas pezas de William B. Yeats debense obviamente a Plácdo, quen no ano 1935 andaba como moitos dos galeguistas, na misa e repinicando, isto é facendo labor político e artístico, a parte do profesional que a cada quen correspondese.

Na prehistoria do Plácido R. Castro traductor, atopamos as xa citadas colaboracións en El Pueblo Gallego, onde xa hai referencias comparativas entre os nosos poetas e os dos países “celtas”. Así en Saudade e Arte (El Publo Gallego, 5/10/27) Plácido -en español, que este idioma era o por el empregado, ao menos de momento, para expresar as súas ideas en prosa- di que a prolixidade toponímica dos poetas escoceses, galeses e irlandeses só atopa parangón na poesía galega, sobre todo na de Eduardo Pondal. E, polo de agora en español, Plácido R. Castro escolle poemas escoceses para concluir que cando o poeta de Escocia di: “Aquí todo es alegre y bonito pero este lugar me asusta”, trátase dun ” sentimento paralelo al de nuestro Lonxe da Terriña”. E de Escocia Plácido R. Castro pasa a Irlanda para citar ao poeta e músico Raftery, cantor das saudades do condado de Mayo. (Raftery, xa se dixo, constituirá unha recorrencia na obra traductora do de Corcubión, e a el volverá xa nos anos sesenta). Unha vez en Irlanda Plácido R. Castro aborda por vez primeira a William B. Yeats, para traducir un anaco do poema La Isla de Lago de Innisfree. Aínda que o faui en español, claro que axiña veremos o Castro traductor ao galego, neste caso dunha canción das Illas Hébridas. Significativamente o autor da versión di agora: “La he traducido al gallego porque me parece que suena mejor que en castellano”. Sendo este o resultado:

Desde lonxe un murmullo está turrando por min,
Cando saio ó camiño, c´unha vara na man,
Son as Coolins lonxanas que m´están namorando,
E non levo outra carga qu´a do sol da mañan.
…………………………………………………………..
Si coidas que é fachenda o que ves no meu paso
E que nunca cheirades os argazos das illas.

Entrando xa en materia Plácido R. Castro relaciona a palabra inglesa “home” co noso lar. Pra máis adiante reflexionar verbo de “homesick” é literalmente doente do lar, unha poética e perfecta reducción idiomática, ben estudiada por Plácido R. Castro, un auténtico “scholar” para tempos como aquelñes tan precarios de todo.

Este artículo sería o antecedente do ensaio La saudade y el arte en los pueblos célticos (Imprenta El Pueblo Gallego, Vigo 1928). O antecedente é tamén o manancial de onde coller a auga que enche de humidade poética o traballo., tan ben documentado por outra banda. Un dos cernes do estudio é a consideración da saudade, igualmente desde os aspectos da vellez e decadencia, expresando que ningunha poesía (como a céltica) observa estas con semellante arrepío. Da poesía galega cita Plácido R. Castro de novo a Eduardo Pondal no seu poema Carballos de Carballido, paro tamén a Rosalía de Castro no coñecido

Agora cabelos negros
Mais tarde cabelos brancos;
Agora dentes de prta
Mañan chavelos querbados;
Hoxe fazulas de rosa
Mañan de coiro enrugado…

Castro atopa paralelismos entre estes poemas e o coñecido Auld Lang Syne (tan desvirtuado polo folklorismo ambiental) de Robbie Burns, Deirdree de James Stephens, pero tamén (título en español, versión galega), as Meditaciones de un Viejo Pescador de William B. Yeats, onde lemos:

Ouh ondiñas, podedes bailar ós meus pés
Como nenos
Ebrillar e brincar murmullando un ron-ron,
Pero eu lémbrome d´ondas mais ledas
en xunios mais quentes
Cando eu era neno, sen fendas no meu corazón.

Pra comparar máis adiante as expresións saudadosas de Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Pondal ou Cabanillas coas de poetas hoxe descoñecidos fóra de Irlanda como Aubrey de Vere ou Fanny Parnell, ou tal vez James Clarence Mangan, autor tamén dunha Dark Rosaleen, un máis deses infinitos poemas que nos hablan de Dark Rosaleen”, na traducción que de Aubrey de Vere fai Plácido R. Castro, La Rosita Negra. Todo isto demostra, ao meu entender, non soamente o coñecemento que Castro tiña da poesía irlandesa senón tamén da súa grande sensibilidade. E non deixa de se preguntar que tería sido hoxe do Plácido R. Castro traductor cos medios de que se dispón actualmente, tamén económicos desde logo. E é o que Plácido R. Castro levou a cabo o seu labor “for sake of art”. Demostrando, por outra parte, ser tamén neste traballo un adiantado nos estudios comparativos entre os diferentes países célticos, ben que neste caso a través da poesía. A parte en Plácido R. Castro había tamén un poeta, ao menos in pectore, que dominaba os recursos métricos e e rítmicos. As súas non son, á hora en que aparece o poeta e non soamente o recolector, traduccións de “andar por casas”, senón sobranceiras mostras de poderío estético mais tamén técnico.

Pouco sabemos das actividades de Plácido R. Castro durante a guerara civil. O forno, obviamente, non estaba para empanadas senón para aquela, mesta e reaccionaria, que cubría o ceo e os campos e os mares galegos. Así que Plácido abondo tivo con salvar o pelexo, desterrado -como se sabe- na propia terra. Desa maneira nos últimos trinta e primeiros corenta non houbo aportacións traductoras, tampouco teóricas, do de Corcubión. A quen veremos, cáseque remataada a década dos corenta, colaborando na BBC. A quí o Plácido moi probablemente sentiuse como peixe na auga. Así, o 4 de xullo do 49 vemolo participando nun programa chamado Spanish Programme, editado e presentado por Javier González. Neste día en concreto Plácido leu unha vez máis poemas da súa recorrenteChristina Rossetti (en 1963 verquería en edición bilingüe doce poemas desta poeta) a quen houbo de comparar de novo coa autora de Follas Novas: “Hai nela esa nota de rebelde e tráxico desespero que vibra no verso de Rosalía”. Ese día, por certo, un Celso Emilio Ferreiro precavidamente agachado sob do seudónimo Emilio Celanova, falaba de Curros Enríquez en Londres. O día 6 de febreiro do 50 volvemos ter constancia dunha intervención de Plácido R. Castro na BBC, agora no chamado Galician Programme. Desta volta Plácido leu poemas de Ernest Dowson e William Butler Yeats. Por certo que antes de proceder á lectura dos poemas Plácido sinala que se trata de dous “dops vinte e catro poemas traducidos por min do inglés”. Isto é moi significativo, porque demostra que se consideramos que a partir de aquí Plácido sigue dando voltas aos mesmos poemas e aos mesmos poetas prácticamente, a súa obra traductora foi cativa pero de sobranceira (e veño de repasar esas traduccións cáseque con lupa, sendo o único que desentona hoxe o galego empregado, nada normativo, por suposto) fidelidade e calidade, no que se refire ao sentido poético impreso polo traductor ao facer a versión. O día devendito Plácido R. Castro fixo igualmente crítica literaria, falando de dous libros publicados en Bos Aires por Alborada. O 25 de setembro do 49 Plácido R. Castro, en fin, voltaba de novo a Christina Rossetti, agora en compañía de William Blake: dous exemplos importantes da poesía inglesa, no segundo caso de evidentes coloracións metafísicas. Digamos de novo que en tempos de tribulación Plácido R. Castro non confundía ética con esética, misturando ambas nun blend de alto voltaxe.

En 1949, e este será o legado máis importante (pois colle maneira de libro) de Plácido R. Castro, Editorial Alborada de Bos Aires publica un fito na historia das traduccións á nosa língua. Trátase de Poesía (inglesa e francesa verquida ao galego), por Plácido R. Castro, Lois Tobío Fernández e F.M delgado Gurriarán. Castro ocupouse das traducción sdo inglés, facendo unha selección comoprensiva e intelixente, sendo os resultados dos seus esforzos, óptimos. O spoetas escollidos foron un feixe dsobranceiro de procedencia inglesa e irlandesa: Ernest Dowson, Thomas Hardy, George W. Russell (AE.), A.E. Housman, Yeats, William Henry Davies, Walter de la Mare, John Masefield e Pedraic Colum. Non hai unidade entre estes poetas senón a esixencia estética que os xungue; todos eles, mesmo os hoxe en día máis esquecidos, pousan uns alicerces de rigor que demostran , por outra parte, o esforzo absoluto do traductor (tamén o seu gusto á hora da selección) e igualmente o seu criterio cheo de autoridade. Obvio dicir que nestes eidos daquela (e hoxe sospeito que tampouco) a penas William Butler Yats, e iso polo premio Nobel, era coñecido o que reafirma o papel protagonista que Plácido R. Castro quería darlle ao seu idioma, o que é igual á súa cultura, enguedellada nunha loita desigual. En canto as traduccións estas son de mérito, en parte pola sabedoría idiomática de Plácido R. Castro -xa se dixo- pero tamén pola súa sensibilidade poética. Nos anos cincuenta Plácido R. Castro viviu en Vigo (en Coruxo concretamente) pero tamén en Lisboa e Londres. Nesa década e na posterior Plácido colabora en Faro de Vigo, con máis traduccións e diferentes artigos, dando ao prelo en 1965 (na revista GRIAL) a súa versión galega das Rubáiyát de Omar Khayyan, a partir da traducción inglesa de Edward Fitzgerald. De novo Plácido demostraría, traducindo esta vitalista e dionisíaca secuencia de poemas, ue ía contracorrente. Eran os anos, lémbrese, da discusión entre literatura comprometida e literatura “for sake of art”. Plácido R. Castro, que non tiña que probar nada desde o punto de vista ético, aliñábase unha vez máis na banda da excelencia literaria, co que non facía outra cousa que apostar pola cultuar. Para traducir as Rubáiyát, Plácido R. Castro optou polos versos alexandrinos, facendo rimar en cada cuarteta, en asionancia, os versos primeiro, segundo e cuarto. Querese dicir, xa que logo, que esta traducción debeu de ser moi traballosa para Plácido R. Castro, quen -e penso que non había dúbida ningunha- demostruo nela as súas dotes poéticas. E cos versos de Omar Khayyán de Naishápúr rematamos este traballo que non máis quere reivindicar unha figura senlleira en tempos, especial e obrigadamente irregulares para a nosa literatura:

!Despertai! que a Mañán xa lanzou a súa Pedra
na cunca desta Noite i escorrenta as Estrelas:
e o cazador do Leste, no seu Lazo de Luz,
á Torre do Sultán ten feito Prisioneira.

XX

Éncheme, Amor, a Copa que limpe o Día de Hoxe
De Remorsos pasados e vindeiros temores.
¿Mañán? ¿E quen me di que entón non vou toparme,
eu tamén, cos pasados Sete Mil Anos de Onte?

LXXV

E cando pases Ti, na túa Romaxe leda,
Por entre os Convidados que estrelecen a Herba,
E con Pés rebrilantes chegues onde eu xacía
Entremeles !dalle volta a unha Copa valeira!

Vicente Araguas