Revisitando a Plácido Castro

Revisitando a Plácido Castro

Por Xulio Ríos (ECO, agosto/2007)A Plácido debeulle faltar algún premio en Londres ou en Glasgow. Esa vacina protexíao hoxe –no seu tempo, o galeguismo militante, infinitamente máis culto ca o do presente, soubo recoñecer a súa valía– contra esa outra cultura, tan prolífica en Galicia, que consiste en poñer etiquetas descualificadoras e propagalas. A orixe desta peculiar conduta, probablemente relacionada coa nosa baixa auto estima, ten que ver tamén co que poderiamos chamar a falta de mundo.

O pasado 17 de xullo cumpríronse corenta anos do falecemento de Plácido Castro. O corcubionés faleceu en Vilagarcía de Arousa, ás poucas semanas de xubilarse como profesor de inglés no Instituto de Formación Profesional daquel Salnés que coñecera nos anos mozos e onde casou no seu desterro. Plácido foi soterrado no cemiterio de Cambados, despois dunha vida comprometida con ese país, o noso, que aínda ten con el unha considerable débeda por satisfacer.

A Plácido debeulle faltar algún premio en Londres ou en Glasgow. Esa vacina protexíao hoxe –no seu tempo, o galeguismo militante, infinitamente máis culto ca o do presente, soubo recoñecer a súa valía– contra esa outra cultura, tan prolífica en Galicia, que consiste en poñer etiquetas descualificadoras e propagalas. A orixe desta peculiar conduta, probablemente relacionada coa nosa baixa auto estima, ten que ver tamén co que poderiamos chamar a falta de mundo. (Foto: Plácido Castro na súa etapa de correspondente en Londres. ©igado.org).
A Plácido debeulle faltar algún premio en Londres ou en Glasgow. Esa vacina protexíao hoxe –no seu tempo, o galeguismo militante, infinitamente máis culto ca o do presente, soubo recoñecer a súa valía– contra esa outra cultura, tan prolífica en Galicia, que consiste en poñer etiquetas descualificadoras e propagalas. A orixe desta peculiar conduta, probablemente relacionada coa nosa baixa auto estima, ten que ver tamén co que poderiamos chamar a falta de mundo. (Foto: Plácido Castro na súa etapa de correspondente en Londres. ©igado.org).

Non deixa de sorprender a escasa atención que suscita esta figura, a pesar de que van sendo moitos os que, ao descubrilo, recoñecen o inmenso valor das súas achegas, tanto no eido político, como no xornalismo ou na tradución, facetas todas que conforman unha personalidade poliédrica, como moitas da súa xeración galeguista, pero que nel atópanse moi reforzadas por unhas circunstancias persoais que o singularizan de xeito destacable: a súa orixe acomodada, unha formación elitista e humanista no Reino Unido dende moi novo, unha tristura infinita cando a guerra tira por terra todo aquelo ao que se entregara en corpo e alma. Esa ignorancia, que explica o encollemento de ombreiros de tantos galegos ante Plácido Castro, é a primeira dificultade a vencer, pero non a única.

Son e serán sempre moitos os galegos ignorados na propia Terra. A nosa sociedade presenta como unha característica esencial, a incapacidade para recoñecer o valor do propio ata que chega alguén de fóra e nos orienta ao respecto. Iso diferencia a galegos doutros pobos que son capaces de poñer en valor o propio, de recoñecer a súa transcendencia e proxectala internacionalmente. O noso proceso é inverso. E quen é recoñecido fóra, con ou sen razón, renunciando ao máis elemental espírito crítico, aquí esténdeselle a alfombra vermella sen máis, cun papanatismo que en demasiadas veces raia co absurdo máis asombroso. A Plácido debeulle faltar algún premio en Londres ou en Glasgow. Esa vacina protexíao hoxe –no seu tempo, o galeguismo militante, infinitamente máis culto ca o do presente, soubo recoñecer a súa valía– contra esa outra cultura, tan prolífica en Galicia, que consiste en poñer etiquetas descualificadoras e propagalas. A orixe desta peculiar conduta, probablemente relacionada coa nosa baixa auto estima, ten que ver tamén co que poderiamos chamar a falta de mundo. Cando Ramón Piñeiro dixo de Plácido aquelo de que “alagábao un fondo pesimismo” despois da guerra, deixou a frase como tarxeta de presentación de Plácido en certos medios, tristes e desconcertados medios.

E, en fin, cando Risco sentenciou que Galicia é todo un mundo para desmentir aos que cualificaban a nosa Terra de pequena, erraba desmedidamente. Galicia é pequena, e xa está, non é ningún problema. Outra cousa é que os propios galegos encargámonos de facela aínda máis pequena ante o mundo ao non recoñecer a calidade onde a hai para facer dela un valor internacional.

Plácido Castro entendeu á perfección a importancia de estar fóra sen por iso renunciar a estar dentro, a ser galego, de falar linguas falando a nosa, de manter a identidade íntima sen por iso negar o progreso. Non hai conflito. Ese pensamento, propio dun galego culto, é o que cómpre reivindicar. E non se pode facer sen ignorar as valiosas reflexións deste anglogalego universal.

Xulio Ríosdirector do Igadi