Cambados acolle a entrega do XV Premio Plácido Castro de Tradución

O Concello de Cambados acollerá este venres 30 ás 12 da mañá o acto de entrega do premio Plácido Castro de Tradución, que chega á súa 15ª edición. Nesta ocasión, o galardón recae en mans dunha tradutora sueca afincada en Galicia, Marta Dahlgren Thorsell, pola obra Kallocaína, de Karin Boye. O xurado destacou o feito […]