Susi Castro (presidenta da Fundación Plácido Castro), Fátima Abal (alcaldesa de Cambados), a gañadora Marta Dahlgren, Sonia Outón (concelleira de Cultura de Vilagarcía de Arousa) e Xaquín Chaves (autor da peza escultórica que simboliza o premio.

As palabras de Xavier Senín, no XV Premio Plácido Castro de Tradución

“O xurado, formado por Xulio Ríos, Antón Palacio, Fernando Moreiras, Carlos Arias e Xavier Senín premiou a tradución da obra Kallocaína, de Karin Boye, feita por Marta Dahlgren. Considerouse que o traballo de Marta está feito con mestría, rigor e viveza, trazos habituais dunha tradutora consolidada, directamente relacionada coa investigación e a formación de novos […]

Reunión do Padroado, en Vilagarcía, onte 23 de novembro de 2015. Victor Caamaño, Sonia Outón, Xavier Senín, Xulio Ríos e Susi Castro.

A Fundación Plácido Castro apostará pola labor tradutora de Plácido Castro

O Padroado da Fundación Plácido Castro reuniuse o pasado 23 de novembro en Vilagarcía de Arousa para dar o visto e prace á Estratexia 2016-2020, un documento que resume as principais liñas de acción da institución para este período. Da estratexia cómpre destacar a posta en valor da dimensión tradutora de Plácido Castro coa próxima […]