Entregouse en Cambados o Premio Plácido Castro de Tradución

O pasado sábado 28 de setembro, na Casa da Calzada en Cambados, procedeuse á entrega do XXII Premio de Tradución Plácido Castro que se concede a obras traducidas ao galego durante o ano 2023. O xurado, despois dunha difícil deliberación, decidiu adxudicar o galardón á obra As Iluminacións de Rimbaud publicado en Kalandraka e traducida a catro mans por Tamara Andrés e Oriana […]

Tamara Andrés e Oriana Méndez, gañadoras do Premio Plácido Castro de Tradución na súa vixésimo segunda edición

A obra premiada é unha tradución da obra Les Iluminations, de Arthur Rimbaud Reuniuse en Cambados, na sede da Fundación Plácido Castro, o 2 de setembro de 2024 o xurado da XXIIª edición do Premio de Tradución Plácido Castro, correspondente ó ano 2023. O xurado estivo composto polos seguintes membros: D. Xesús Riveiro Costa (Xunta de Galicia), Dª. Patricia […]

María Alonso Seisdedos recolleu en Vilagarcía o Premio Plácido Castro de Tradución

O salón nobre do Concello de Vilagarcía acolleu hoxe a entrega do Premio Plácido Castro de Tradución na súa vixésima edición que recaeu en María Alonso Seisdedos, unha prolífica autora que con 44 traducións literarias dende 1980 ata a actualidade, traducindo do inglés, alemán, castelán e catalán, xa obtivera o Premio Nacional á mellor tradución […]

BASES da XXª Edición do Premio Plácido Castro de Tradución

A Fundación Plácido Castro da que forman parte os concellos de Corcubión, Cambados e Vilagarcía de Arousa, a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación e o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), convoca o Premio Plácido Castro de Tradución destinado a promover versións en lingua galega das grandes obras da […]