Acta da reunión do xurado do Premio de Tradución Plácido Castro 2008

Acta da reunión do xurado do Premio de Tradución Plácido Castro 2008

Casa do Concello de Vilagarcía, 3 de outubro de 2009

Obras presentadas a concurso
Título Autor/a Tradutor/a Lingua
Corazón de can Bulgákov Fernando de Castro Ruso
Mary Prince Mary Prince María Reimóndez Inglés
Como contar un conto e outros Mark Twain Rafael Salgueiro Inglés
O libro da selva R. Kipling Rafael Salgueiro Inglés
O soño da sultana   Rokeya Sakhawat Hossain María Reimóndez Inglés
O Castelo de Otranto   H. Walpole Emilio Pérez Inglés

 

Iníciase a sesión ás 12:15 na Sala de Xuntas do Concello, coa presenza de Xosé Castro Ratón(representante da Fundación Plácido Castro), Carlos Arias Iglesias (representante da Consellería de Cultura e Turismo) e Xosé María Gómez Clemente (representante da ATG).

Dedícese por unaninidade outorgar o premio Plácido Castro na súa edición de 2008 á obra
A historia de Mary Prince, unha escrava das Illas occidentais, contada por ela mesma, traducida por María Reimóndez Meilán.

Tamén se decide concedelle un accésit á obra O libro da selva de Ruyard Kipling, traducida porRafael Salgueiro.

A entrega do premio será o vindeiro 17 de outubro de 2009.

 

Vilagarcía de Arousa, 3 de outubro de 2009

Xosé Castro Ratón                 Carlos Arias Iglesias          Xosé María Gómez Clemente