Premiadxs: Mona Imai e Alejandro Tobar
Premiadxs: Mona Imai e Alejandro Tobar
Reúnese na sede do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI, o 3 de xuño de 2015 o xurado do Premio de Tradución Plácido Castro na súa décimo cuarta convocatoria, correspondente ó ano 2014.
A Fundación Plácido Castro da que forman parte os concellos de Corcubión, Cambados e Vilagarcía de Arousa, a Asociación de Tradutores Galegos e o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), convoca o Premio Plácido Castro de Tradución destinado a promover versións en lingua galega das grandes obras da literatura universal para seren publicadas en internet.