XVIII Conferencia Anual Plácido Castro

XVIII Conferencia Anual Plácido Castro

XVIII Conferencia Anual Plácido Castro

Plácido R. Castro e a loita pola Autonomía de Galicia por Justo Beramendi

Fene, 25 de xaneiro de 2017

Presentación

Amigas e amigos,
Boa noite e moitas grazas por partillar con nós esta décimo oitava edición da conferencia anual “Plácido Castro” que, nesta ocasión, correrá por conta do catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela, Justo Beramendi e que versará sobre “Plácido R. Castro e a loita pola Autonomía de Galicia”.

En nome propio e no da corporación que presido, quero agradecerlle á Fundación Plácido Castro e a Justo Beramendi que pensaran no noso Concello para organizar esta conferencia e polo seu incansable labor de achegarnos ao pensamento deste galeguista, liberal demócrata, pacifista e progresista, e cunha considerable sensibilidade social que o levou a reivindicar unha praxe política fundamentada no concepto de Galicia como unha identidade de seu e diferenciada da contorna inmediata polo celtismo e polo dificilmente definible concepto de saudade.

Desde o punto de vista político, Plácido Castro encádrase nun galeguismo nacionalista que nos anos 30 foi aproando á esquerda. Se ben nun primeiro momento defendeu as alianzas do Partido Galeguista con outras forzas para defender o Estatuto, finalmente as súas teses decantábanse por un avance en solitario, de base social e a prol dunha carta autonómica máis ambiciosa.

Agardamos que esta conferencia contribúa para difundir en Galicia os mesmos ideais que vertebraron a súa concepción da vida, da política e das relacións humanas, impulse a divulgación do seu pensamento e nos anime ao desenvolvemento de accións prácticas conducentes a unha maior e mellor inserción de Galicia no mundo.

Juventino Trigo Rey
Alcalde de Fene

Arquivos anexos a descargar: