O catálogo que leva por nome “Plácido R. Castro, Unha Galicia soñada (Obra plástica)" recolle nas máis de 200 páxinas que o forman unha rigorosa e completa compilación da obra plástica que ao longo do seu periplo vital foi elaborando Plácido Castro.
O relato fotográfico que presentamos inclúe as instantáneas que Plácido Castro, entón con 26 anos, chegou a publicar no diario El Pueblo Gallego entre o 24 de agosto e o 21 de setembro de 1928. ...
Cúmprense en 2016, 70 anos do certame literario que a Federación de Sociedades Galegas de Bos Aires convocou para conmemorar o seu 25 aniversario. Daquela, foi premiada unha escolma poética de traducións realizadas por Plácido Castro, Lois Tobío e Delgado Gurriarán.