Premiada: Enma Lázare
Premiada: Enma Lázare
Baiona, 17 de xaneiro de 2004. Reúnese na Casa do Concello da vila de Baiona o 17 de xaneiro de 2004 o xurado do Premio de Tradución Plácido Castro na súa terceira convocatoria, correspondente ó ano 2003.
1. Este premio está dotado coa cantidade de TRES MIL EUROS. 2. Participarán nel tódolos traductores que teñan publicada na Biblioteca Virtual www.bivir.comalgunha obra de literatura universal en galego.
Corcubión, 24 de xaneiro de 2003. Ante todo quero dar as gracias e manifestar a miña ledicia, primeiro pola calidade do xurado, segundo por ser o único premio de traducción en galego e por levar o nome de Plácido Castro e por último porque a traducción é unha actividade que me gusta moitísimo, pero que me leva horas e horas e, naturalmente, estou moi contenta con este recoñecemento.
Corcubión, 24 de xaneiro de 2004. Como representante da Fundación Plácido Castro teño que manifesta-la miña satisfacción por poder celebrar en Corcubión este acto de entrega do Premio de Traducción do que é titular un fillo ilustre deste concello.