O pasado 26 de setembro tivo lugar en Corcubión o acto de entrega do XIV Premio Plácido Castro de Tradución, destinado a promover entre todas as presoas profesionais da tradución de Galicia versión en lingua galega das grandes obras da literatura universal.
As traducións gañadoras deste ano foron, da xaponesa Mona Imai, Botchan de Natsume Soseki, e do ourensán afincado en Compostela Alejandro Tobar, O Forasteiro Misterioso.
O xurado estivo composto por Carlos Arias (Xunta), Camiño Noia (Asociación de Tradutores Galegos), Xosé Antón Palacio (Universidade de Vigo), Antón Santamaría (Real Academia Galega) e Xulio Ríos (IGADI).