CONFRENCIA ANUAL PLÁCIDO CASTRO

Plácido Castro e Johán Carballeira, protagonistas da XVII Conferencia Anual

O Centro Social do Mar de Bueu acolleu o pasado venres a XVII Conferencia Anual Plácido Castro. Baixo o tema “Plácido Castro, Johán Carballeira e algúns debates do seu tempo”, os asistentes reflexionaron acerca da gran historia e personaxes cos que conta Galicia e que son tan descoñecidos, como é o caso de Plácido Castro. […]

Reunión do Padroado, en Vilagarcía, onte 23 de novembro de 2015. Victor Caamaño, Sonia Outón, Xavier Senín, Xulio Ríos e Susi Castro.

A Fundación Plácido Castro apostará pola labor tradutora de Plácido Castro

O Padroado da Fundación Plácido Castro reuniuse o pasado 23 de novembro en Vilagarcía de Arousa para dar o visto e prace á Estratexia 2016-2020, un documento que resume as principais liñas de acción da institución para este período. Da estratexia cómpre destacar a posta en valor da dimensión tradutora de Plácido Castro coa próxima […]

Fascículo da tradución ao galego de As Rubáyiat de Omar Kayyam

Fascículo da tradución ao galego de As Rubáyiat de Omar Kayyam

Cunha edición fascículo, a Fundación Plácido Castro conmemora o 50 aniversario da publicación da tradución ao galego de As Rubáyiat de Omar Kayyam, obra de Plácido Castro recollida no número 8 (1965) da revista Grial. O próximo 3 de decembro, o salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo acollerá […]

Víctor M. Caamaño Rivas, en representación do Concello de Cambados, sumouse ao Padroado da Fundación ‪ ‎Plácido Castro‬ (primeiro pola esquerda)

Incorporación ao Padroado de Víctor M. Caamaño Rivas

Víctor M. Caamaño Rivas, en representación do Concello de Cambados, sumouse ao Padroado da Fundación ‪Plácido Castro‬. Benvido! Arquivos anexos a descargar: Víctor M. Caamaño Rivas, en representación do Concello de Cambados, sumouse ao Padroado da Fundación ‪ ‎Plácido Castro‬ (primeiro pola esquerda) (899 kB)

Captura de pantalla da web da Fundación

A Fundación Plácido Castro estrea web para achegar a figura do corcubionés ao mundo 2.0

A Fundación Plácido Castro vén de estrear a súa web www.fundacionplacidocastro.com na que recolle información básica sobre a entidade e as súas actividades pero, sobre todo, documenta ao corcubionés Plácido Castro, tanto no que fai á súa traxectoria vital como ás súas dimensións como xornalista, tradutor ou galeguista, pero tamén poeta ou acuarelista, entre outros.

Plácido Castro convócanos a pensar de novo o Humanismo da man de África López Souto

A décimo sexta edición da Conferencia Anual Plácido Castro versou este ano sobre a vixencia do humanismo. Certamente, unha das características da xeración de Plácido Castro (1902-1967) foi o seu saber enciclopédico, produto dunha formación coidada que prestaba moita atención á transmisión dunha bagaxe cultural ampla e sólida. Ese amplo saber, que nutría unha fonda sensibilidade, […]