1932/10/25 > Lexítima defensa

1932/10/25 > Lexítima defensa


‘Legítima defensa’. El PuebloGallego, martes, 25 de outubro de 1932.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


O señor Casares Quiroga dedicou unha parteconsiderable do discurso que pronunciou en Lugo, a lanzar unha serie de acusacións contra aqueles galeguistasque non forman parte do P.R.G. Referiuse ós que ‘ó dicir querer á nosa terra prostitúenaata ese punto, e necesitan aínda unha man caciquil que implantase unha vontade sen preguntarlle ópobo se a aceptaba ou non’, busca nesta dúbida acerca da vontade do pobo un pretexto para desculpa-la inaccióndo P.R.G.

Xa sostiven nun recente artigo que me parece completamenteinaceptable o concepto da misión dun partido democrático que o señor Casares expuxo en Lugo,porque é evidente que unha agrupación política que sinta intensamente un ideal calquera nonpoida limitarse a agarda-las ordes do pobo senón que ha de propaga-lo seu ideal e orientar á opinióncoas súas campañas, apoiando con toda a súa forza as iniciativas que ofrezan –como o anteproxectodo Estatuto– unha oportunidade de realiza-lo seu programa. É moi cómodo deixar que as campañasas fagan outros partidos, sen prexuízo de defini-la actitude propia cando sexa conveniente. Porque non édefinirse dicir sinxelamente que un partido ‘leva a autonomía no seu programa’. Nas filas do Partido RepublicanoGalego ten o señor Casares moitos adeptos que adoptaron idéntica posición fronte ómovemento republicano. Pero no propio xefe do partido semellante actitude é incomprensible. Cando se tratabade trae-la República, o señor Casares procuraba por tódolos medios o triunfo da súacausa, propagando os seus ideais e ata conspirando, sen poder estar seguro de se o pobo era ou non republicano.¿Porque actuou dunha maneira como republicano e procede doutra como autonomista; tan decidido e valenteno primeiro caso e tan excesivamente prudente no segundo?¿Non será, sinxelamente, que sentíao republicanismo dun modo intenso, mentres que o autonomismo non lle causa ningunha emoción?¿E nonprocederá de igual causa a ineficacia do seu partido en canto á autonomía?

De tódalas formas, o menos que podíanfacer os directores do P.R.G. era absterse de lanzar acusacións de intencións caciquís contraunha organización política que preferiu a pureza do seu ideal a tódalas conveniencias persoaisou políticas que puideran provir do seu contacto con partidos que participan no Poder. E xa que de democraciase trata recordemos que cando se celebraron as últimas eleccións, que era necesario gañara todo custo, preferiuse a seguridade do triunfo á pureza democrática, e non se rexeitaron intelixenciascon algúns dos elementos caciquís máis destacados da nosa rexión.

Non é xusto dicir que os galeguistas querenimpoñe-la súa vontade ó pobo. O que si esixen, e con pleno dereito, é que cantos afirmendesexa-la autonomía, loiten por ela con tódolos elementos ó seu alcance. Non se pode falarde caciquismo nin de imposicións, cando todo o mundo sabe que o Estatuto ha de ser sometido a tódolostrámites democráticos que a Constitución esixe –aprobación por unha asemblea de Concellos,polos cidadáns de Galicia e polas Cortes Constituíntes–. Agora ben, se o señor Casares dixeraque os galeguistas queren impoñe-la súa vontade ó Partido Republicano Galego, estaríamáis próximo da verdade. Pero isto non é caciquismo, senón un intento de facer cumpri-loprograma que o mesmo partido trazou.

Sen embargo, debe aclararse un punto, aíndaque por isto nos chamen caciques en potencia os que xa o son en realidade. E é que non podemos admitir quese teña unha medida para a democracia cando se trata da autonomía e outra para a políticaen xeral. Tendo en conta o estado da cidadanía na nosa terra, pretender que foron sinceras e xenuínasas eleccións xerais, pero que non o sería un plebiscito sobre o Estatuto, é colocarse nunhaactitude hipócrita e intolerable, e máis aínda cando quen así razoa debe o seu mandatoa unhas eleccións coma as últimas.

Deu a entender o señor Casares no seu discursoque os que se separaron da ‘Orga’ despois do advento da República fixérono por incompatibilidadecoa súa tendencia avanzada. Supoño que se referiría ós galeguistas que formaron parteda ‘Orga’ antes da República –e que, dito sexa de paso, lle deron o carácter esquerdista, autonomistae democrático que tivo– posto que eles constitúen o único núcleo importante que abandonouo citado partido. O apartamento non foi motivado por diferencias ideolóxicas, senón pola falta deconfianza daqueles galeguistas na sinceridade eficacia do autonomismo da ‘Orga’ e por incompatibilidade coa súaconducta política. E aínda que non nos interese moito participar no campionato de declaraciónsesquerdistas que fan os demais partidos, é preciso facer constar que tódalas novidades interesantesque aparecen no máis recente programa do Partido Republicano Galego estaban xa incluídas no PartidoGaleguista, e algunhas delas nas conclusións da Asemblea que os nacionalistas celebraron en Lugo hai catorceanos. Non é que eu queira atribuír ningún monopolio ó Partido Galeguista. Estou segurode que todos celebramos que outros partidos se adhiran á nosa ideoloxía –aínda que en certoscasos o fagan algo tarde–, incluíndo no seu programa cousas que combateron cando os deputados galeguistasas presentaron en Cortes. Pero, cando menos, creo que temos dereito a esixir que non nos chamen reaccionarios osque unha horas antes incorporaron ó seu programa puntos que xa estaban incluídos no noso…

Falou, finalmente, o señor Casares dosque ‘pretenden monopoliza-lo sentimento de amor a Galicia’ sen deixarlla sentir ós demais ‘que non a levamosa flor de labios, sen dúbida porque está demasiado encerrada no noso corazón’. ¿Istoera o que nos faltaba! Pase que nos chamen caciques, cavernícolas, ilusos…Pero ninguén se atreveuata agora –ou cando menos que non a amamos tanto como o señor Casares– a dicir que nin sequera somos amantesde Galicia porque expresamos o noso amor a Galicia en lugar de levalo encerrado no corazón, tan oculto queninguén poida adiviña-la súa existencia. Podía facerse a base de semellante teoríatodo un estudio, sumamente orixinal, acerca das ideas políticas sostendo que os únicos que sentenfondamente un ideal son aqueles que non o expresan nin defenden. Un paso máis e chegariamos a convencernosde que os verdadeiros autonomistas son os que defenden o centralismo e os auténticos republicanos, non oseñor Casares e outros activos e sinceros propagandistas do republicanismo, senón os frixios e ataos monárquicos –do cal poderiamos atopar certas confirmacións examinando a estructura do P.R.G.,no cal tantos coñecidos ex-monárquicos ocupan posicións preferentes–. Teoría humorísticaa do ministro da Gobernación que, ó fin, é galego aínda que non sexa galeguista. Peroós que fomos sempre galeguistas, sen ter xamais medo a expresa-la nosa opinión, non nos faránvacilar as ironías do señor Casares. Non necesitamos para definirnos, e para actuar en consecuencia,agarda-las indicacións do presidente do Consello para organizar unha especie de sucursal galega do ‘trustespañol da autonomía’, nin pensamos manternos nunha posición equívoca ata ver se asinmediatas conveniencias políticas partidistas fan ou non oportuna unha forma de conducta. Somos autonomistasporque somos galeguistas e isto é necesario dicilo con toda claridade, porque estamos vendo que en Galiciao chamarse autonomista nada, máis ben pouco, significa.

P. R. Castro.