1933/04/26 > ¿Nós sos?

1933/04/26 > ¿Nós sos?


‘¿Nosotros solos?’. El PuebloGallego, mércores 26 de abril de 1933.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Os nacionalistas galegos tiveron a esperanza de que,unha vez implantada a República, se desenvolvería a vida política de Galicia nun ambientede cidadanía superior ó que coñeceran baixo o antigo réxime. Confiaron taménna sinceridade doutras agrupacións políticas que levaban a autonomía no seu programa e agardabandestes partidos algo máis que a expresión dunha aspiración. Debemos recoñecer, senembargo, que en ambos aspecto sufrimos unha completa decepción, que se acrecenta ó observar o desprestixioe a desorganización dos citados partidos, que están incapacitados para realizar unha obra autonomistaeficaz. En tales circunstancia, despois de dous anos de leal colaboración, de constante transixencia e dunhapropaganda desinteresada, ¿non chegaría o momento de que o nacionalismo galego se desligue de todocompromiso e recobre a súa enteira liberdade de acción?

Quen deba facelo resolverá cál debese-la actitude política do nacionalismo. Persoalmente estimo que ese momento chegou. A transixencia pasadaresultou, ata agora, inútil. A situación de Estatuto segue sendo tan nebulosa coma antes. E o nacionalismoten que decidir se para a Galicia do porvir vale máis a feble esperanza dunha próxima e limitadaautonomía ou a absoluta integridade e supervivencia do auténtico contido separatista do galeguismo.Enténdase ben que non emprego a palabra separatista pensando no que se deu en chamar a ‘desmembraciónde España’, senón que me refiro á necesidade de apartarse de todo o que a políticaespañola significa hoxe en Galicia. Non se debe, ó meu entender, corre-lo risco de diluíro nacionalismo esencial do movemento galeguista colaborando na obra autonomista con ningún partido que actúena política nacional. Isto supón perigo de vernos envoltos no descrédito en que viven esespartidos. Estariamos sempre a mercé de calquera manobra desleal, e non teriamos verdadeira fe na sinceridadee na eficacia dos nosos aliados nin no resultado do noso labor. Formar parte de comisións, participar enpeticións ó Goberno e emprender unha campaña de propaganda mesturados con outros partidospode resultar prexudicial, desde agora, para a pureza e o prestixio do nacionalismo. Se algún díase convoca o plebiscito o noso deber será o de procurar un resultado favorable, realizando, sos e independentes,todo o labor propagandista que sexa posible. Pero nada máis.

O problema das autonomías ha de volvera formularse en España. Debemos prepararnos para ese momento procurando ser tan fortes para entónque non precisémo-la colaboración de ninguén. O tempo está do noso lado. O Gobernocentral daráno-la razón con disposicións contrarias ós intereses de Galicia. Candoo pobo campesiño esperte á vida cidadá farao nun sentido galeguista e atopará no nosoprograma a interpretación da súas necesidades e dos seus sentimentos. En medio da actual podremiada política galega, un partido san nos seus ideais e os seus procedementos, conquistará pouco a poucoa simpatía da opinión pública. Non temos présa porque temos fe no triunfo e porquenon nos move a ambición persoal.

Os nosos adversarios quizais rían de nós,e nos chamen ilusos, e nos acusen de falta de sentido político, e nos cualifiquen de soberbios. Pero noactual ambiente político de Galicia é unha honra non ser ‘políticos’, e un motivo lexítimode orgullo se-lo que somos.

Dirixiranse contra nós outra acusación,en aparencia máis fundada, na que se di que rectificamos a nosa táctica porque sabemos que Galicianon é autononomista. Tampouco terán razón os nosos adversarios. Nós cremos que Galicianon só necesita a autonomía, senón que a desexa. Estimamos que unha votación realizadadespois dun período de intensa propaganda conduciría a un resultado plebiscitario no cal os votosfavorables á autonomía serían inmensamente superiores ós contrarios. A realidade galegaé autonomista, e o democrático consiste en desexar que a opinión da maioría prevaleza.Pero a realidade política, a dos partidos que en Galicia actúan, non é autonomista. Éunha cousa baleira de todo ideal nobre e democrático. E as nosas aspiracións autonómicas inmediatasteñen que subordinarse ás condicións impostas pola Constitución; é dicir ánecesidade de consegui-lo voto favorable dos dous tercios do Censo, o cal é imposible se non se conta coasincera colaboración de tódolos partidos, por forte que sexa no país a opinión favorableá autonomía.

Unha rectificación da nosa tácticanon suporía, polo tanto, nin un recoñecemento de que Galicia non é autonomista nin un sinaldo noso fracaso. Querería dicir, sinxelamente, que despois de dous anos de convivencia cos demais partidosviámonos obrigados, por un sentimento de dignidade e por unha razón de eficacia, a apartarnos detódalas miserias e maquiavelismos da actual política hispano-galaica e a ser outra vez, sen posibilidadede confusión, ‘nós sos’. Non esquezamos o exemplo histórico de Irlanda, que só conseguiua súa liberdade cando o nacionalismo que interviña na política británica foi aniquiladopor un partido cunha conducta que estaba reflectida no seu nome, ‘Nós sos’–’Sinn Feim’.

P. R. Castro.