‘¿Otra Cataluña?’. ElPueblo Gallego, domingo 30 de xullo de 1933.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.
A protesta galega ante o Convenio con Uruguaitivo a consecuencia que non debemos lamentar os que situamos os intereses de Galicia por riba de calquera outraconsideración de suscita-la indignación de algúns políticos españois que cualificande imposición e rebeldía o noso xusto desexo de que se respecte o dereito á vida dos habitantesde Galicia. Esta e anteriores afirmacións de galeguidade foron sen dúbida as que levaron a un dosnosos gobernantes a dicir, cando se opuña a algunha das nosas reivindicacións espirituais, ‘¡Noqueremos otra Cataluña en España…!’
A frase, polo temor que revela, pola hostilidadeque reflicte, comprácenos e adúlanos. Pero pode ter o político aludido a seguridade de que,como é costume cando de Galicia se trata, está completamente equivocado. Se estivese ben informadodiría, aínda que fose co mesmo acento de inimizade ‘Non queremos unha Irlanda en España…’
O erro dos que se identifican co espíritoda meseta, por natureza ou por adaptación, consiste en supor que os nacionalismos ibéricos son iguaiso cal non é certo, aínda sendo todos producto de parecidos pulos sentimentais; pero do contrariosería nacionalismo, posúe a de un, un carácter propio. O caso de Galicia, singularmente nestesmomentos, seméllase moito máis ó de Irlanda que ó de Cataluña. E é posibletamén que a solución que Galicia precisa se aproxime máis ben á que Irlanda conquistoude feito que a fórmula descentralizadora coa que intentaron os gobernantes centralistas resolve-lo problemacatalán.
A diferencia en canto a Cataluña éevidente. Gracias ó seu propio esforzo e ó seu sentimento nacional non tivo o pobo catalánque sufrir, como o galego, os prexuízos materiais causados por un réxime centralista ignorante ehostil. Cataluña soubo impoñerse e defende-la súa prosperidade, se ben non se contentou comaterial e seguiu defendendo as súas reivindicacións espirituais. Pero (………………………………………..)non só tivo que padece-la persecución e o intento de aniquila-la súa personalidade, senónque viu constantemente ameazada a súa vida económica pola política desacertada e ásveces claramente hostil que seguían os Gobernos centrais, ata o punto de sementar moitas veces a miseriaen ambos países.
Lembremos, para demostrar estas semellanzas entreGalicia e Irlanda, un acontecemento xa distante na historia da illa Céltica pero pleno aínda de ensinanzapara nós nestes momentos. A política de Inglaterra durante longo tempo tendeu a arruinar as industriasirlandesas para evita-la competencia e asegurarse ó mesmo tempo un mercado. Irlanda quedou reducida, comoconsecuencia de leis alleas, a unha vida baseada exclusivamente sobre a agricultura e principalmente sobre o cultivoda pataca, alimento básico dos irlandeses, que non podían comer pan porque os aranceis ingleses impedíana importación de trigo e mantiñan o prezo dos cereais, en beneficio dos británicos, a un prezoalcanzable para os modestos paisanos de Irlanda. E así viviron os irlandeses ata que sobreveu a traxedia.Un ano de incesantes choivas orixinou a perda completa da colleita de patacas. Os habitantes de Irlanda sen productospropios para alimentarse, sen poder mercar cereais porque a Inglaterra interesáballe mante-lo seu elevadoprezo morreron de fame, sucumbiron de enfermidades provocadas pola falla de sustento, emigrou… E nun curto espaciode tempo diminuíu en dous millóns de habitantes a poboación daquela illa.
Foi esta traxedia irlandesa a base da victoriados partidarios do librecambio, conseguida poucos anos máis tarde.
Pero con ser transcendental este triunfo aíndaconseguiron os mártires irlandeses outro máis resoante. Oitenta anos máis tarde a súapatria era libre para decidi-los seus propios destinos espirituais e materiais. E foi o recordo destas inocentesvíctimas da dominación estraña un dos máis vitais pulos que levaron á victoriaá causa irlandesa.
Pasaron 90 anos e Galicia atópanse anteun perigo moi parecido ó que ameazaba entón a Irlanda acaso menos tráxico pero similar enesencia. Pola política desacertada ou antigalega de Gobernos españois perdeu Galicia mercados exterioresque antes tiña como no caso da súa gandería. Idénticas tendencias obrigan ólabrador galego a mercar a elevados prezos os cereais que precisa para manterse a si mesmo e ó seu gando.As actividades de Galicia, por efecto da orientación oficial da economía española, víronsetamén restrinxidas. Pero aquí vén a diferencia entre o noso caso e o de Irlanda. Alípodían, cando menos, defenderse os políticos ingleses, ó dicir que a perda da colleita depatacas non foi obra súa senón da inclemencia do tempo. En Galicia, polo contrario, a ruínaque ameaza ós nosos paisanos porque pon en perigo a industria máis fundamental da nosa terra, noné obra dos elementos, senón dunha disposición deliberada dos gobernantes españois.Neste aspecto é aínda máis grave, máis indignante o que lle acontece a Galicia queo que lle pasou a Irlanda. E está perfectamente xustificada a nosa protesta, así como calquera actitudeque Galicia adopte en defensa propia para evitar que, en menor ou maior grao, se repita aquí en 1933 a traxediairlandesa de 1843, ó arruinarse a industria básica da nosa economía. Protesta e defensa nasque deben coincidir tódolos que merezan ser considerados como galegos sen distinción de ideoloxíasnin de crenzas. Democrática e humanamente a vida e o benestar dos seres humanos máis próximosa nós están por riba de todo partidismo político ou relixioso e de calquera sistema de Goberno.Quen non actúe nestes momentos, sacrificándoo todo ós intereses da nosa terra, calquera quesexa a forma en que se traten logo de ocultar ou desfigura-los seus actos, serán, para os galegos conscientes,traidores a Galicia. A esta Galicia que se ten sentido político non só lembrará os sucesosde 1843 en Irlanda, senón que terá presente o remedio que os irlandeses atoparon para as súasdesditas.
P. R. Castro.