‘Hacia el proteccionismo oficial’. ElPueblo Gallego, martes, 2 de decembro de 1930.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.
Sete nacións libres e democráticassituadas en catro continentes reuníronse en Londres para deliberar acerca dos seus intereses comúns.A comunidade de Nacións Británicas que se compón, segundo se decidiu na Conferencia imperialde 1926, de nacións autónomas, iguais en categoría, de ningún modo subordinadas unhasa outras unidas pola súa común fidelidade á Coroa e libremente asociadas como membros da citadaComunidade constitúe sen ningunha dúbida, o máis alto exemplo do liberalismo levado ápráctica en tan enorme escala. Demostra a posibilidade da existencia dunha Asociación de Naciónslibres que saben facer compatible o internacionalismo co nacionalismo. Revela a pouca importancia real das constituciónsdefinidas e escritas cando existen lazos sentimentais e fondo afecto a comúns tradicións de liberdade.O exemplo do Imperio Británico é neste aspecto dun enorme interese para tódalas naciónse en especial para as que desexan a implantación dun réxime federal, posto que representa unha superacióndo federalismo. Podería dicirse que constitúe o ideal ó que deben aspirar as confederaciónsde nacións ou de rexións.
Inglaterra tivo a sabedoría de admitirgradualmente cantas reclamacións de independencia presentaron os Dominios. A conferencia de 1926 resolveunas súas grandes liñas tódolos problemas constitucionais. Mesmo concibiu tacitamente ósDominios o dereito de secesión, coa consecuencia agardada de que agora que o posúen, todos declararonque non teñen a máis remota intención de exercelo. Case se logrou asegurar a lealdade áCoroa de tódolos Dominios, mesmo no caso de África do Sur, que hai trinta anos aínda estabaloitando contra Inglaterra nos campos de batalla. Só Irlanda, por razóns de política interior,segue concedendo algunha importancia ás cuestións meramente constitucionais.
Precisamente agora que desapareceron tódolosmotivos de conflictos políticos, comeza o labor constructivo. Os Dominios, libres e independentes, querendar ó Imperio unha nova cohesión por medio da cooperación económica. Os nacionalistase ata os separatistas de onte, convertéronse hoxe en imperialistas, partidarios da creación dunhagrande asociación de nacións de enormes posibilidades económicas.
Agora se percibe cánta razón tiveronos estadistas ingleses que comprenderon que a concesión da liberdade era o único medio de chegará cooperación. A verdadeira cohesión é a que teñen as asociacións voluntariasde pobos libres e non a falsa unidade imposta por un Goberno a rexións diversas.
***
Pero a cooperación económica imperialnon depende exclusivamente dos desexos dos Dominios. Para conseguila é necesario que se resolva previamentea antiga loita política inglesa entre proteccionistas e partidarios do librecambio. A circunstancia de estarno Poder un Goberno laborista partido tradicionalmente oposto ó proteccionismo dominado por un ministropartidario intransixente do librecambio como Mr. Snowden, impediu que se chegase a un acordo concreto na recenteconferencia. Mais a situación de Inglaterra variou moito desde os tempos en que se consideraba que o proteccionismosó conviña ós capitalistas. Na actualidade Mr. Snowden non representa a opinión detódolos seus correlixionarios. Pode afirmarse que case a metade do partido laborista é máisou menos proteccionista. A crise actual da industria inglesa convenceu a moitas persoas de que tal vez non sexaposible para unha nación rodeada de países proteccionistas manterse fiel ó librecambio quenon é en realidade tal librecambio, senón simplemente libre importación en Inglaterra dosproductos de nacións que non conceden idénticas vantaxes á exportación británica.Ante o problema dos dous millóns de obreiros ingleses en paro forzoso, que non puideron resolver nin conservadoresnin laboristas, e comprensible que a opinión se oriente novamente cara o proteccionismo, sobre todo ófalarse non dun proteccionismo nacional, senón nun sistema de barreiras aduaneiras que faga do Imperio Británicounha grande unidade económica que sexa capaz de competir cos Estados Unidos e cunha posible federacióneuropea.
É indubidable que esta forma de proteccionismoresulta moi atractiva para a opinión inglesa, especialmente cando ás súas vantaxes económicasse une a súa conveniencia política, xa que constituiría un novo lazo de unión entreos pobos compoñentes do Imperio Británico. Ante a unanimidade dos representantes dos Dominios, todoseles partidarios do proteccionismo, non é doado que a Gran Bretaña poida manterse fiel á súatradicional adhesión ó intercambio. Os Dominios propoñen un sistema aduaneiro no cal cadanación do Imperio podería aplicar tarifas a calquera artigo, para defender as súa propiasindustrias, pero concedendo en cada caso unha preferencia arancelaria ás mercadorías procedentesdoutro país británico.
Os Dominios importan anualmente uns cincocentoscincuenta millóns de libras esterlinas de productos manufacturados, dos cales a metade procede de paísesestranxeiros. Baixo o sistema de preferencia imperial case toda esa importación consistiría en manufacturasinglesas en manufacturas inglesas. Mais como é natural, os Dominios necesitan unha compensación.Exportadores de materias primas e de substancias alimenticias, precisan unha preferencia aduaneira que lles permitavendelas na Gran Bretaña. Actualmente a importación inglesa destes productos ten un valor duns catrocentossetenta millóns de libras, pero só douscentos oitenta millóns corresponden a mercadoríasprocedentes do Imperio. Son evidentes as vantaxes para todo o Imperio Británico dun sistema que asegurasea venda dentro del, dos productos de cada un dos seus compoñentes, o cambio de manufacturas inglesas pormaterias primas procedentes dos Dominios. O primeiro ministro do Canadá, por exemplo, ofreceu a Inglaterraunha preferencia aduaneira do dez por cento a cambio dunha tarifa inglesa sobre o trigo estranxeiro, que permitaó Canadá vende-lo seu trigo na Gran Bretaña.
Pero aquí xurdiron as dificultades quenon puido vencer o Goberno inglés. A un Goberno laborista, que depende do apoio liberal, élle imposibleaceptar o proteccionismo, e moito menos grava-la importación de artigos de primeira necesidade como o trigo.O resultado de tal política sería seguramente unha escisión no laborismo. E tódolospartidos temen a influencia do berro electoral ‘A vosa comida custará máis’, empregado polos seuscontrincantes. Polo tanto o Goberno inglés só puido ofrecer o mantemento das actuais preferenciasdurante tres anos, a posibilidade de establecer unha ‘cota’ para o trigo, que asegura o consumo dun cincuenta porcento do trigo imperial, a formación de consorcios de importación e o ‘bulkpurchase’, ou comprade productos en grandes cantidades por organismos oficiais. Ningunha destas proposicións satisfixo ósrepresentantes dos Dominios. Algúns destes as consideraron excesivamente socialistas posto que admiten participacióndirecta dos Gobernos nas operacións comerciais, con posibles perdas cuantiosas para os diversos Estados.Cren ademais que provocarían discusións comerciais anoxosas e prexudiciais para as boas relaciónsimperiais. E opinan que só no proteccionismo se encontraría unha solución satisfactoria. Poroutra parte parece ser que tamén Mr. Snowden e outros ministros se opuxeron a semellantes medidas, por nontransixir con esta forma de proteccionismo disfrazado.
Non se puido, pois, chegar a un acordo concretona recente conferencia. Estudiarase detidamente toda a cuestión e se discutirá de novo nunha conferenciaque se celebrará no Canadá durante o ano próximo. Sen embargo, este fracaso momentáneonon lle resta ningunha transcendencia sobre á última reunión. A súa influencia sobrea política inglesa é de incalculable importancia. O goberno laborista, xa anteriormente desprestixiado,sae da conferencia aínda máis debilitado. Non tardarán moito en celebrarse elecciónsxerais, nas cales se discutirá principalmente a conveniencia do proteccionismo imperial, e do seu resultadodependerá a futura actitude de Inglaterra neste aspecto. Parece case seguro o triunfo do partido conservadoré dicir dos partidarios do proteccionismo que representaría entón a Inglaterra na Conferenciade Ottawa. A loita vai ser difícil para os partidarios do librecambio. É verdade, como eles alegan,que o Reino Unido correría un grave perigo económico ó arrisca-lo seu comercio exterior quedepende do prezo das materias primas que empregan as súas industrias, a cambio das posibles vantaxes docomercio imperial. Pero na súa contra terán a influencia da actual crise económica, a necesidadede protexe-la agricultura inglesa, as evidentes vantaxes da creación dunha grande unidade económicacomo a do Imperio Británico, e a conveniencia de crear novos lazos de unión entre a Gran Bretañae os Dominios. Esta nova visión do Imperio, que está modificando a ideoloxía e os programasdos partidos ingleses, é sen ningunha dúbida a influencia política máis poderosa domomento e está chamada a decidi-lo resultado das eleccións que parece que non tardarán moitosmeses en celebrarse.
P. R. Castro.