1933/04/11 > ¿Que agarda o señor Azaña?

1933/04/11 > ¿Que agarda o señor Azaña?


‘¿Que espera el señorAzaña?’. El Pueblo Gallego, martes 11 de abril de 1933.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Nos discursos pronunciados no mitin gobernamentalde Bilbao fixéronse algunhas afirmacións que non deben pasar sen comentario en Galicia. As palabraspronunciadas polo señor Prieto ían seguramente dirixidas exclusivamente ós seus oíntesvascos e non son aplicables á nosa terra. Pero as observacións do señor Azaña tiveronmaior significación. É verdade que o presidente do Consello se dirixía a un públicovasco, mais ó falar da autonomía en xeral, como política republicana, as súas palabrasteñen relación con tódolos movementos autonomistas da nación.

Vexamos pois en qué consistiron as afirmaciónsdo presidente do Consello. Despois de insistir sobre as vantaxes da política autonomista do Goberno, pasoua dicir que a concesión da autonomía a unha rexión só se subordinaba a dúascondicións: ‘A primeira que esta política autonomista…xamais pode ser unha iniciativa do Gobernonin unha obra dirixida polo Goberno, que se sobrepoña, nun sentido ou noutro, á vontade das rexiónsinteresadas…E a segunda condición…é que a autonomía dos países sexa polo menosunha garantía e un remache da liberdade xa adquirida; nunca unha mingua das liberdades xa adquiridas…Conestas dúas condicións o Goberno debe prosegui-la súa política autonomista e debe acollerno parlamento, coa sanción legal correspondente, todas aquelas expresións de vontade autonomistaque veñan dos países que espontaneamente e organicamente a formulen e a reclamen’.

Xusto é que os gobernos impoñansemellantes condicións fronte ás peticións de autonomía. Pero non é menos xustaa pretensión das rexións de que, cando as condicións se observen, se lles trate con equidadee ata con cortesía. Porque a actitude do Goberno da República fronte a Galicia non foi, na cuestiónda autonomía, nin cortés nin equitativa. Galicia afirmou a súa vontade autonomista, nunhahistórica asemblea celebrada hai catro meses en Santiago, por medio dos representantes dos seus municipios,os cales aprobaron un Estatuto por unha maioría superior á que a Constitución require. Nadado que ese Estatuto contén representa un retroceso en canto ás liberdades consignadas na Constitución,e en todo caso ha de ser sometido á vontade das Cortes da nación. Cumprida desta forma a primeiracondición imposta pola Constitución, unha comisión de deputados galegos en nome da Asembleade Municipios, entrevistouse hai tres meses co presidente do Consello para pedirlle que dese normas para a celebracióndo plebiscito. En igual sentido requiriuse, creo que máis dunha vez, ó deputado galego que desempeñaa carteira de Gobernación. Pero as peticións xustas e legais de Galicia foron, como de costume, desatendidas.E deuse o caso de que cando se reuniu o 26 de marzo o Comité Rexional da Autonomía, aíndanon se recibira ningunha resolución, nin tan sequera unha cortés contestación acerca das demandasfeitas polos representantes de Galicia. E o Comité citado viuse obrigado a toma-la extraordinaria resoluciónde conceder un prazo de tres semanas ó Goberno para que declarase se estaba ou non disposto a publica-lodecreto necesario para que se celebrase o plebiscito galego. É dicir, que houbo necesidade de preguntaró Goberno se pensaba ou non cumpri-la Constitución.

Como se ve, Galicia cumpriu as condiciónsque as Cortes lle impuxeron, como o fará tamén coa máis difícil de todas, ou sexa,a absurda esixencia de que os dous tercios dos electores, non dos votantes, han de aproba-lo Estatuto. Ata admitiráa invasión de notarios coa que ameazou tan patrioticamente o Sr. Casares. (Condicións que se rexesenpara unhas eleccións xerais deixarían completamente despoboado o Parlamento). Tampouco pretendenos autonomistas que o prazo de propaganda sexa curto. Cantas máis oportunidades se ofrezan de propaga-lasideas autonomistas máis satisfeitos estaremos.

¿Non é suficiente o que Galiciafixo?¿Que máis agarda o señor Azaña?¿Haberá ou non haberá decretoantes da reunión do Comité de Autonomía, o día 16 do mes actual?¿Pode estarunha rexión enteira pendente da conveniencia, ou do caprichoso humorismo do Sr. Casares, que sentiríaseguramente unha grande satisfacción en publica-lo decreto o día 17?

Suceda o que suceda, quedará en Galicia,despois de catro meses de espera paciente, un resentimento contra o Goberno que a tratou con tan escasa cortesíae xustiza. Afianzarase o convencemento de que para Galicia ten pouca importancia que España sexa unha monarquíaou unha república, porque en ambos réximes se postergan os seus intereses e se lle trata como unhacolonia.

Do Sr. Casares, sobradamente coñecida asúa actitude displicente fronte a Galicia, podemos agardar unicamente, en ben da nosa terra, que a súainfluencia política sexa o máis efémera posible. Non nos estraña que pretenda novamentetoma-lo pelo á rexión que lle serviu como base para adquiri-la significación políticaque ten –ben escasa xa en Galicia pero cotizable aínda en Madrid, como nos vellos tempos–. Pero do señorAzaña cabe agardar algo máis. É unha das contadas esperanzas que o réxime republicanonos ofrece. Representou algo serio, sólido, novo na política española. Poucos son os que dubidanda súa capacidade ou da súa boa fe. Por iso é sorprendente que se está informado, comoé de supor, do estado da cuestión autonomista en Galicia, preste a complicidade do seu silencio óagravio que para a nosa terra entraña a actitude do ministro da Gobernación. Galicia cumpriu os seusdeberes respecto á petición da autonomía e solicita que se lle permita somete-lo Estatutoa un plebiscito. Non pode pois denega-la nosa petición o Sr. Azaña baseándose na súailegalidade. ¿Farao entón, porque supón que somos reaccionarios?¿Recordará océlebre discurso pronunciado en Lugo polo Sr. Casares, no cal tachou de reaccionarios a cantos autonomistasnon formaban parte do seu propio partido? É a única forma de explicarnos a actitude actual do presidentedo Consello. En todo caso, novamente, despois das declaracións de Bilbao, debe Galicia preguntarlle óSr. Azaña: ‘¿Que agarda o Goberno para contesta-las peticións que os representantes de Galicialle dirixiron hai tres meses?’

Pouco tempo falta para que a cuestión seresolva –acaso xa estea solucionada cando estas liñas se publiquen–. Se Galicia non é atendida quebrantarasea fe que aínda puidera ter en España e no home que hoxe dirixe os seus destinos. E se os galegosteñen dignidade veranse obrigados a buscar por outros medios o recoñecemento dos dereitos que selle negan cando legalmente os afirma.

P. R. Castro.