1933/05/27 > Fronte única

1933/05/27 > Fronte única


‘Frente único’. El Pueblo Gallego,sábado 27 de maio de 1933.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Un artigo meu titulado ‘Nós sos’ tivo a virtudede que Xoán Carballeira, atento sempre ás realidades da vida política de Galicia, publicaseun interesante comentario no cal dá estado público a unha cuestión que vén preocupandodesde hai tempo a cantos viven dentro do ambiente galeguista. E debemos loa-la súa iniciativa, xa que unpartido democrático na súa esencia e nos seus procedementos non ha de temer xamais que os seus problemasmáis íntimos se discutan coa máxima publicidade por tratarse de nobres preocupaciónsque non afectan só ós destinos dunha agrupación senón a toda a orientación políticade Galicia.

Contén o artigo de Carballeira unha afirmacióne unha pregunta. Afirma que o galeguismo debe dividirse en dúas frontes, dereita e esquerda. Pregunta ‘aquen corresponda’ se o momento oportuno para a división non chegou xa. Á súa interrogaciónsó podería responder autorizadamente unha asemblea xeral do Partido. Pero quixera, xa que foi unhaopinión miña a que deu lugar á proposta que fai Xoán Carballeira, expoñe-lamiña opinión acerca da cuestión.

Non debemos esquecer a qué causas obedecena creación do Partido Galeguista. Foi unha fusión de grupos de diversas tendencias que se fixo imprescindibleen canto se convenceron os galeguistas de que tódolos partidos existentes, españois ou autónomos,carecían de espírito galego, non defendían os intereses da nosa terra e non traballaban coneficacia pola causa autonomista. Interviñeron na primeira asemblea do partido elementos de diversas ideoloxías,pero elaborouse un programa, e este é un feito significativo, que é no terro político o máisdemocrático de cantos se ofrecen á opinión galega, e no aspecto económico e socialavanzou coma o de calquera partido republicano. Só se poden considerar máis esquerdistas no económicoos partidos –socialistas ou comunistas– que propugnan o colectivismo estatal, programa que non aceptaría,ó meu xuízo, a maioría da opinión galeguista nin os electores de Galicia.

Se algúns nos cualifican de esquerdistas,como di Carballeira, non temos motivo para rectifica-lo noso rumbo, sobre todo se os chamados dereitistas do galeguismoseguen no partido. E se nos tachan de dereitistas, haberá que recoñecer que se debe unicamente aque o Partido Galeguista, cunha elegancia espiritual que supoño que non estará disposto a contradiciragora, negouse a descender ó terreo maxo e sinxelo da loita relixiosa, tal como hoxe se formula en Españapor partidos que explotan con fins políticos, e xeralmente de forma insincera os sentimentos relixiososou os ideais laicos. Non creo que cheguemos nunca a recoñecer que o problema relixioso se poida formularen Galicia nos mesmos termos que en España, nin que nos pre…mos a admitir como bandeira políticado partido o que debe deixarse á conciencia libre de cada cidadán.

Excluído o aspecto relixioso, que éun dos fundamentos das divisións políticas actuais en España, non acerto a ver que razónsexisten para que o Partido Galeguista modifique radicalmente a súa orientación e menos aíndapara que se fraccione por iniciativa propia. Ha de segui-la tendencia que o seu programa lle marca, coas modificaciónsque introduzan sucesivas asembleas –modificacións que ó meu xuízo, deben ser e seránsempre de significación esquerdista, que nos leven a unha situación de liberalismo políticoe de cooperativismo integral, e que obedezan sempre a un criterio netamente galego. Será un partido cadavez máis esquerdista, pero representará o centro do movemento galego. Chegará un momento enque os dereitistas que non poidan acompaña-la evolución do partido se separen del. Posiblemente faráno mesmo os esquerdistas que estimen que a evolución non é o suficiente rápida. Uns e outrosagruparanse e seguirán loitando sempre polos ideais galeguistas. Pero o Partido Galeguista, que eu creoa máis xenuína interpretación das realidades presentes de Galicia, debe segui-la súamarcha sen provocar disidencias internas e sen temer tampouco que os seus actos ou a súa fidelidade óseu programa, orixinen a separación dos que non estean de acordo con el. Non vexo pois ningunha razónpara que sexa o Partido o que teña que tomar unha decisión da índole que Xoán Carballeirapropón. Se unha división é inevitable han de iniciala aqueles que non estean satisfeitos coactual programa do partido, ou os que non consigan que nunha asemblea prevalezan as modificacións que propoñan.

E en todo caso ¿é oportuno o momentopara que se produzan divisións no movemento galeguista? Creo que non. Por desgracia non se pode facer políticainterna na nosa terra porque Galicia aínda non é libre. Para un galeguista non existe a políticagaleguista. Só pode haber unha política galega, a de colocarse fronte a un Estado que descoñeceos nosos problemas, posterga os nosos intereses e fai o posible por obstruí-lo camiño que conduceá autonomía que teoricamente nos conceden, e tamén fronte a tódolos partidos, galegosou nacionais, que colaboren con ese Estado ou non loiten pola liberdade de Galicia. Esta actitude é a queo Partido Galeguista representa desde a súa fundación, e as circunstancias non variaron desde entón.Todo galeguista debe seguir subordinando a súa ideoloxía persoal para colaborar na loita pola liberaciónde Galicia, que cando sexa autónoma poderá escoller por vontade propia a orientación políticaque máis lle conveña. Ata ese momento non desaparecerá a necesidade da unión da fronteúnica do galeguismo para conseguir que Galicia sexa dona dos seus destinos.

P. R. Castro.